Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos no Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos no Día Mundial da síndrome de Down

21 Marzo, 2019

» As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos no Día Mundial da síndrome de Down

O Teatro Salesianos de Vigo foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e pola Asociación Down Vigo para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Nun acto que mesturou unha parte lúdica e outra institucional, as persoas con trisomía 21 e outras discapacidades intelectuais foron as verdadeiras protagonistas, reclamando un ano máis os seus dereitos e defendendo a riqueza dunha sociedade diversa e plural.

“Todas as persoas temos os mesmos dereitos, polo que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais tamén queremos ser persoas autónomas e independentes, estudar, traballar, querer, divertirnos, relacionarnos, experimentar e decidir”, demandaron.

A persoa encargada de conducir este acto conmemorativo foi a coñecida presentadora Patricia Pérez, que estivo acompañada en todo momento por Miriam Rodríguez e Roberto Pereira, persoas usuarias de Down Vigo. Tamara Carballa, pola súa banda, foi a encargada de dar lectura ó Manifesto pola Autonomía Persoal, dando así voz a todo o colectivo e facendo fincapé en que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais queren o seu espazo, “que é o de todos, e ser considerados un cidadán ou cidadá máis nesta sociedade que tamén é a nosa”.

No acto tamén interviñeron a conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez; a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo; o Delegado do Estado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; a secretaria de Down Vigo, Sonia María Taboada González; e o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto González.

A benvida correu a cargo da secretaria de Down Vigo, que aproveitou a súa quenda de palabra para agradecer a asistencia de tódalas persoas asistentes. Sonia María Taboada deu a benvida ao evento agradecendo o labor de tódolos ex-presidentes da entidade durante os 30 anos de percorrido e sinalando que “os avances en materia de inclusión socio-laboral son mérito de todas as familias, profesionais e voluntarios, que puxeron o mellor de si mesmos todo este tempo”. Ademais, Taboada destacou que “estes actos serven de recoñecemento a todas as entidades que están presentes nas 7 cidades principais de Galicia, xa que sen a unión de todos non tería sido posible avanzar en materia de inclusión”.

O presidente de Down Galicia, pola súa parte, quixo comezar a súa intervención amosando a indignación de todo o movemento Down en Galicia ante a última instrución da Xunta Electoral Central, que permitirá a determinados membros de formacións políticas cuestionar nas mesas electorais as condicións do voto das persoas con discapacidade que consideren que non exercen o seu dereito libremente. Prieto deixou claro que “é intolerable que as persoas con discapacidade vexan cuestionada, unha vez máis, a súa capacidade de decisión”. Neste sentido, aproveitou a presenza institucional dos representantes autonómicos, provinciais e municipais para instar ás formacións políticas a que “soliciten aos apoderados e interventores dos seus partidos a non formar parte deste despropósito”. Así mesmo, o presidente da Federación non quixo esquecerse da importancia da inclusión no eido educativo “nun tempo no que volven alzarse voces a favor da educación segregada”.

Ademais das intervencións das autoridades presentes, as persoas asistentes a este acto puideron desfrutar dun vídeo conmemorativo dos 30 anos da asociación Down Vigo e das estupendas actuacións do artista Mario Rivergood e do Mago Xabi, que fixeron as delicias de todos os espectadores e espectadoras.

Durante esta gala solidaria, tamén tivo lugar a estrea do vídeo “Síndrome de Down. Guía rápida”, elaborado pola Federación Down Galicia con motivo deste Día Mundial da síndrome de Down e financiado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A través dunha historia animada e sinxela, a Federación pretende achegar á sociedade a realidade desta alteración cromosómica (enlace vídeo: https://bit.ly/2ugTHxy).

 

Premios Down Galicia

Down Galicia entregou nesta ocasión os VI Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

O premio na categoría institucional foille concedido á Fundación Celta Integra pola promoción da práctica deportiva inclusiva das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais coa súa participación activa na Liga Genuine. Mentres, na categoría de persoa particular, o galardón foille concedido a Marcos González, por visibilizar e promover a capacitación profesional das persoas usuarias de Down Vigo ofrecéndolles formación como baristas, ademais de liderar iniciativas de índole solidaria en beneficio da entidade.

O premio consiste nun recoñecemento simbólico e na entrega dunha figura representativa da imaxe Down realizada polo artesán galego Fernando Porto.

 

Xornada sobre educación inclusiva

Pero os actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down non se cinguiron unicamente a esta gala solidaria, senón que deron comezo durante esta mañá coa organización dunha xornada técnica sobre inclusión na educación superior.

A Sala de Conferencias da sede de Afundación Vigo acolleu as intervencións de Jesús Flórez, catedrático en Farmacoloxía e Presidente da Fundación Iberoamericana Down21; Lola Izuzquiza, doutora en Ciencias da Educación e directora da Cátedra de Patrocinio da Universidade Autónoma de Madrid; e dúas alumnas dos programas Alida e Promentor.

 

Iluminación dos principais monumentos de Galicia

Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemorarán hoxe o Día Mundial da síndrome de Down. A Torre de Hércules, o Hostal dos Reis Católicos, o Pazo de Fonseca, a Cidade da Cultura, os concellos de Ferrol, Pontevedra, Lugo e Santiago de Compostela, as Fontes da Rúa Aragón en Vigo, os edificios das Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, ou a Ponte Romana de Ourense serán iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste xoves 21 de marzo.

Nacións Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaración do 21 de marzo como Día Mundial da síndrome de Down. Establécese esta data, o 21 de marzo [21/03] como un símbolo, en referencia á triplicación [trisomía] do cromosoma 21 que se traduce na condición xenética da síndrome de Down.

 

Outras iniciativas polo Día Mundial da síndrome de Down

Este ano, a maiores dos actos conmemorativos e a iluminación dos principais monumentos galegos, Down Galicia decidiu apostar por varias accións de visibilización simultáneas para intentar achegar a realidade da síndrome de Down a toda a sociedade.

Así, por un lado, a Federación e Renfe chegaron a un acordo de colaboración polo que a operadora ferroviaria colocou máis de 2.000 repousacabezas nos seus trens de Servizo Público de Galicia que están a circular polo Corredor Atlántico durante os días previos e posteriores á data.

Por outra banda, Down Galicia lanzou unha campaña de sensibilización en concellos e centros educativos baixo o lema “Tan diferentes como iguais”, coa que pretende poñer en valor o concepto da diferencia e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferencia é a que nos enriquece como sociedade. Máis de 15 concellos galegos sumáronse a esta iniciativa mediante a difusión de información nas súas páxinas webs e redes sociais, a colocación de carteis informativos do Día Mundial da síndrome de Down ou a elaboración de pulseiras conmemorativas para repartir nos centros educativos da súa localidade.

Entradas relacionadas

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}