Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

22 Marzo, 2019

» As entidades Down de Galicia tamén conmemoraron o Día Mundial da síndrome de Down

As entidades Down de Galicia tamén quixeron conmemorar o Día Mundial da síndrome de Down con numerosos actos reivindicativos e de sensibilización por toda a comunidade autónoma. Así, ademais do acto central da Federación e a Asociación Down Vigo, nas sete principais cidades de Galicia, persoas usuarias de todas as entidades membro da Federación Down Galicia quixeron saír á rúa a facer escoitar a súa voz.

Down Pontevedra Xuntos sumouse á conmemoración deste Día Mundial cunha campaña de visibilización consistente na colocación de pequenos carteis nas prazas máis representativas da cidade, así como outro cartel de gran tamaño no balcón do concello. Doutra banda, profesionais da entidade realizaron varias actividades de sensibilización: un contacontos inclusivo en diferentes colexios de educación primaria e a presentación da unidade didáctica “Síndrome de Down. En primeira persoa” en institutos.

Na cidade de Ferrol, Teima Down Ferrol organizou dúas accións de sensibilización nas que participaron persoas usuarias e profesionais da entidade, así como moitas das familias que conforman a mesma. A primeira hora da tarde, os membros da asociación recibiron ao alcalde da cidade, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, que aproveitaron a data para entregar, de parte de toda a corporación, un agasallo a Teima polos seus 25 anos de traxectoria. Pola tarde, familias e persoas usuarias da entidade asistiron o acendido da casa consistorial coas cores representativas do movemento asociativo da síndrome de Down, azul e amarelo. Alí, deuse lectura a un texto sobre o “Camiño Teimudo” percorrido neste cuarto de século e colocouse a pegada simbólica do distintivo deste camiño na casa do concello como quilómetro 0.

As persoas usuarias de Down Lugo quixeron aproveitar o Día Mundial da Síndrome de Down para saír á rúa e dicir ben alto e ben claro que “o desenvolvemento dunha sociedade está baseado na diversidade”. Acompañados por representantes do Concello e da Deputación de Lugo, os membros da asociación fixeron un percorrido por todos os edificios iluminados de azul e amarelo en conmemoración deste día. Unha vez na Muralla de Lugo, unha representante da entidade leu o Manifesto pola promoción da autonomía persoal diante dos alí presentes.

A Fundación Down Compostela celebrou a súa tradicional gala anual, onde entregou os VIII Premios Down Compostela. Nesta ocasión, os galardoados foron Mar Caamaño e Lourdes González-Laganá, polo seu traballo en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, e a futbolista Verónica Boquete, a  Escola Infantil Municipal de Meixonfrío e a empresa Universo  Milonga’s por contribuír de forma significativa a integración social, educativa e laboral das persoas con trisomía 21 ou discapacidade intelectual.

Down Coruña organizou unha charla-coloquio no centro educativo Sagrado Corazón – Franciscanas. O acto consistiu nunha clase baixo a metodoloxía de aprendizaxe cooperativa co alumnado e as persoas usuarias de Down Coruña. A continuación, tivo lugar un coloquio no que persoas coa síndrome de Down explicaron ante os medios de comunicación como é a súa vida e os alumnos puideron realizar preguntas ao respecto. Doutra banda, a asociación impulsou a campaña #LaSuerteDeTenerte colocando un  photocall para publicar fotos cos seus socios e socias, profesionais, persoas voluntarias, empresas e institucións colaboradoras.

Por último, a entidade máis nova da Federación, Down Ourense, tamén quixo reivindicar a importancia dun día tan sinalado como é o Día Mundial da Síndrome de Down. Acompañados polo alcalde da cidade e a concelleira de Educación, representantes da entidade Down levaron a cabo dúas dinámicas de equipo entre o alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Franciscanas) que amosaron a importancia da inclusión social das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}