Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano

2 Abril, 2019

» Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano

O primeiro trimestre do ano foi intenso na área de emprego da Asociación Down Ourense. Catro novos contratos en distintas empresas da cidade poñen de manifesto que a metodoloxía do Emprego con Apoio funciona e que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais teñen aptitudes máis que suficientes para desempeñar un posto de traballo.

 

A importancia da implicación das pequenas empresas

O primeiro deles deu comezo a finais do mes de xaneiro, cando Luís Mariño Somoza iniciou un contrato laboral como auxiliar administrativo na empresa Bekas Snack Bar Café, tras realizar un período de prácticas no mesmo posto de traballo. As súas funcións van desde o envorcado de datos de albaráns e facturas ao arquivado de documentación e o control de stocks.

Bekas Snack Bar Café iniciou a súa colaboración con Down Ourense no ano 2018, cando unha usuaria da entidade estivo contratada para este mesmo posto. Ademais, este mesmo ano, contrataron a outra persoa usuaria para realizar tarefas auxiliares na cociña.

En moitas ocasións, as ganas de colaborar con entidades do ámbito social céntranse nas grandes empresas ou multinacionais, pero non debemos esquecer que as pequenas e medianas empresas teñen moito que achegar nesta materia. Neste caso, unha empresa familiar como Bekas, que conta xa con dous locais na cidade de Ourense, realiza un gran labor inclusivo. Grazas ás súas ganas e o seu interese, tres persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais puideron participar no mercado laboral ordinario nos últimos 6 meses.

 

Segundo contrato a xornada completa desde o inicio de Emprego con Apoio

Mª José Vaquero, usuaria de Down Ourense, conseguiu este mes de xaneiro o segundo contrato a xornada completa desde que a asociación iniciou o programa Emprego con Apoio. Este contrato, dun ano de duración, permitirá a Mª José traballar como limpadora no Centro Residencial Ourense Centro que a empresa DomusVi ten na zona de Barrocanes.

Mª José conta cunha longa traxectoria laboral, na que desempeñou diferentes postos de traballo, centrando a súa andaina inicialmente no sector do coidado do cabelo e, posteriormente, formándose e traballando noutros sectores máis orientados ao traballo administrativo e de limpeza.

Actualmente, e despois de realizar no verán de 2018 unhas prácticas no servizo de lavandería desta mesma empresa, desempeña o seu traballo como limpadora realizando labores de limpeza de salas e espazos comúns, limpeza de habitacións e baños, facendo camas e recollendo a roupa para o seu traslado á lavandería e realizando o traslado de usuarios e usuarias con mobilidade reducida.

Cabe destacar que Mª José realiza unha xornada de 7 horas diarias en quendas rotativas, do mesmo xeito que o resto de compañeiros e compañeiras. Ademais, realiza exactamente as mesmas tarefas que estes, sen necesidade de adaptación na forma nin nos tempos que as mesmas requiren.

 

Nova contratación en Domino’ s Pizza

Doutra banda, a multinacional Domino´s Pizza volve contar coa Asociación Down Ourense para contratar a un dos seus usuarios. José Luís Muñoz Quintas iniciou o seu contrato de traballo no mes de febreiro, na tenda que Domino´s ten situada na rúa Nuestra Señora de la Saínza. José Luís está a realizar tarefas como auxiliar de sala, onde as súas funcións principais son as de montaxe de caixas, preparación de complementos, reposición de produtos de cociña, limpeza de superficies, servizo en sala e atención ao cliente.

Tanto José Luís como Alejandro, primeira persoa con discapacidade intelectual contratada por Domino’s Pizza en España e que actualmente está contratado de forma indefinida, están moi contentos por todos os logros alcanzados e agradecen as oportunidades que lles brindan as empresas que apostan por persoas sen experiencia no mundo laboral, pero con moitas ganas de traballar e demostrar as súas capacidades.

 

Repetindo experiencias

Verónica Pardellas Soto comezou o seu traballo no Hotel Balneario de Arnoia, pertencente ao grupo Caldaria, cunhas prácticas dun mes no ano 2017, conseguindo a continuación o seu primeiro contrato laboral. Desde esa data, continúa traballando alí de forma descontinua, xa que as instalacións pechan durante os meses de inverno.

A inicios deste ano, Verónica asinou un novo contrato no balneario. Tanto a Asociación como a propia usuaria e a súa familia están moi contentos co feito de que  Caldaria conte novamente con ela para desempeñar o posto de auxiliar de servizos, onde realiza tarefas de limpeza de salas, reposición de toallas e  albornoces, limpeza de bañeiras de hidromasaxe, colocación de tumbonas, preparación de cabinas ou baleirado de carros de roupa sucia.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}