DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Unha gran “X” humana anima aos contribuíntes a marcar a casiña de fondos sociais na Declaración da Renda

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Unha gran “X” humana anima aos contribuíntes a marcar a casiña de fondos sociais na Declaración da Renda

Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación da nova campaña da “X Solidaria”, que este ano reuniu a máis de 200 persoas que “debuxaron” sobre o chan da Quintana a forma da casiña onde insertaron unha xigante X, dando así visibilidade á importancia de marcar a casiña de FINS SOCIAIS na Declaración da Renda.

Moitas destas persoas beneficiarias incidiron durante o acto na importancia de marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na declaración, “un simple xesto que non custa nada, e que axuda a moitas persoas a través de programas tan diversos como atención de persoas sen fogar, persoas con discapacidade, maiores, mulleres en dificultade social, vítimas de violencia de xénero… É moi importante que nos consideremos protagonistas do cambio das persoas. Marcando a X Solidaria, somos partícipes do cambio social”.

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy e o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, explicaron neste acto a importancia de marcar a X, porque “beneficia directamente a milleiros de persoas en Galicia como as que hoxe están aquí”.

En palabras de Mónica Permuy, “Hoxe as organizacións que representamos ao Terceiro Sector galego queremos facer un chamamento á cidadanía para que marque o recadro da X Solidaria. Como sabedes, a Administración ofrécenos a posibilidade de decidir a que queremos destinar unha parte do diñeiro que se recada cos nosos impostos. En concreto o 0,7%. Ese porcentaxe irá destinado a facer proxectos sociais para as persoas en risco de exclusión social. España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Hai 13 millóns de persoas que están en situación de pobreza e se tódalas persoas que non marcan a X Solidaria o fixeran, poderíamos recadar 12 millóns de euros máis”.

Pola súa banda, o presidente do CERMI, Iker Sertucha, incidiu na “necesidade de manter a calidade e filosofía destes fondos de acción social” que dende o ano pasado xestiona a Xunta de Galicia.  “É unha boa nova que permitirá unha maior proximidade ás persoas e ás necesidades, pero para iso débense manter os criterios do presente modelo. Queremos instar, en primeiro lugar, a que o 100% do diñeiro vaia integramente destinado a Política Social. En segundo lugar, que estes cartos sigan estando destinados a ONGs  inscritas e recoñecidas na nosa comunidade autónoma e, en terceiro lugar, que haxa menos burocracia na documentación e que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha os proxectos”.

Tanto as persoas beneficiarias que se concentraron na Praza da Quintana como as persoas responsables das ONG organizadoras, coincidiron en destacar que se trata “dun dereito que temos todas e todos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.  O que se pretende con esta campaña é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuír á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión social”.

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
CERMI Galicia elixe a Luciano Fernández como novo presidente
1 Decembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia
20 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade