Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

5 Abril, 2019

» Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un novo convenio de colaboración entre ambas entidades.

Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social do mantemento de Down Galicia e das actividades que comportan os servizos que a entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2019.

Con esta sinatura promóvense os programas orientados a favorecer a autonomía e a inclusión socio laboral das persoas coa síndrome de Down. Estes programas están englobados dentro do Servizo para a Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) que Down Galicia e as súas entidades membro levan a cabo. Este servizo, do que se benefician nestes momentos 681 persoas, está organizado en diferentes áreas de atención, que comprenden todo o ciclo vital das persoas usuarias: atención temperá, educación, formación e emprego, vida adulta e independente e apoio familiar, entre outras.

Down Galicia, na súa de condición de Federación, presta servizos de apoio ás entidades membros que traballan na atención ás persoas coa síndrome de Down e ás súas familias dende unha perspectiva global, integral e normalizadora, para mellorar a súa autonomía persoal, as súas condicións de vida e favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo na sociedade galega.

Ademais do convenio asinado con Down Galicia, a Xunta rubricou outros oito convenios con outras tantas entidades sociais. Así, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) percibirá 990.000 euros; a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga-Plena Inclusión Galicia) percibirá 245.000 euros; a Federación de Asociacións de Familiares e enfermos mentais de Galicia (Feafes-Galicia) terá unha axuda de 620.000 euros; Autismo Galicia percibirá 160.000 euros; a Federación Galega de Asociacións de atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou patoloxías afíns (Aspace-Galicia) recibirá 90.000 euros; o acordo coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) ascenderá a 760.000 euros; e o que se asinará coa Federación de Asociacións Galegas de familiares enfermos de Alzhéimer (Fagal) acadará os 90.000 euros; e á Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) destinaranse 220.000 euros.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}