Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Matriuska Producciones achega a metodoloxía de emprego con apoio ó mundo do cinema tras contratar a Xiana como axudante de produción

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Matriuska Producciones achega a metodoloxía de emprego con apoio ó mundo do cinema tras contratar a Xiana como axudante de produción

9 Abril, 2019

» Matriuska Producciones achega a metodoloxía de emprego con apoio ó mundo do cinema tras contratar a Xiana como axudante de produción

A metodoloxía de emprego con apoio está a erixirse como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo. Un claro exemplo é a recente contratación de Xiana Moreira, usuaria do programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”, nunha empresa pontevedresa do sector audiovisual.

Matriuska Producciones atópase inmersa na rodaxe das películas documentais “A media voz” e “Qué hicimos mal” e, tendo en conta o alto volume de traballo existente, a produtora decidiu contar con Xiana para levar a cabo as tarefas de axudante de produción.

Así, a principios deste mes, Xiana asinou un contrato a xornada parcial por obra e servizo para dar soporte na gravación dos dous documentais nos vindeiros meses de abril e maio. Nesta ocasión, acudirá todos os luns e mércores á oficina que Matriuska Producciones ten na cidade pontevedresa, e as súas funcións centraranse en dar apoio ao resto do equipo de produción.

Esta é xa a segunda ocasión na que esta moza forma parte do equipo de traballo de Matriuska Producciones, xa que, trala sinatura dun convenio de colaboración entre a produtora e Down Pontevedra “Xuntos” o pasado ano, realizou unhas prácticas formativas na produtora nese mesmo posto.

Xiana acolleu o seu contrato de traballo con motivación e responsabilidade e di estar “encantada con esta oportunidade laboral”. Agora acude ao seu novo posto de traballo contando co apoio da súa preparadora laboral, quen asegura que a inserción laboral na empresa se desenvolva con éxito.

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Cada vez é máis habitual que novos sectores profesionais abran as súas portas á inserción laboral de persoas con discapacidade, o que é un claro sinal de que a nosa sociedade vai avanzando pouco a pouco cara un verdadeiro modelo de sociedade inclusiva.

Entradas relacionadas

Teima e a Deputación da Coruña asinan un convenio de colaboración para apoiar economicamente o Servizo de Formación Sociolaboral e Emprego da entidade
30 Agosto, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Ourense traballan como azafatos e azafatas no evento polo 50 aniversario de Galfor
28 Xuño, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Cafés Candelas contrata de xeito indefinido a un mozo de Lugo con discapacidade intelectual
31 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}