DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Ourense e o CEIP Quiroga apostan pola inclusión educativa

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Ourense e o CEIP Quiroga apostan pola inclusión educativa

O pasado 2 de abril, profesorado do CEIP Quiroga (Lugo), convidaron a profesionais de Down Ourense ao centro educativo para falar sobre Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA), unha estratexia moi útil para dar resposta á diversidade que os profesores e profesoras atopan diariamente nas súas aulas.

Varias profesoras deste centro educativo formuláronse hai tempo a necesidade dun cambio de enfoque e apostaron por formarse en metodoloxías inclusivas. E é que unha educación inclusiva é posible se se acompaña de paixón, creatividade, ilusión e ganas dun cambio para crear unha escola na que todos os alumnos e alumnas poidan aprender xuntas.

Para acompañalas neste camiño, decidiron contar coa participación da profesionais da área de educación de Down Ourense, que compartiron con elas novas metodoloxías e boas prácticas en inclusión educativa.

A través de varias dinámicas, docentes e profesionais chegaron á conclusión de que a discapacidade está no contexto e que se deben crear aulas e centros accesibles onde alumnas e alumnos con características diferentes poidan aprender xuntos mediante estruturas cooperativas. Para iso deben ofrecerse outras formas de representar a información (visual, lectura fácil, audio, funcións executivas,…) e de expresala partindo dos intereses do alumnado, sendo o libro de texto un recurso máis e non o centro do proceso de aprendizaxe.

Entradas relacionadas
Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
25 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais
2 Setembro, 2020
Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade
27 Maio, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade