Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A música une a alumnado da Uvigo e persoas usuarias de Xuntos nunha experiencia de aprendizaxe

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A música une a alumnado da Uvigo e persoas usuarias de Xuntos nunha experiencia de aprendizaxe

15 Abril, 2019

» A música une a alumnado da Uvigo e persoas usuarias de Xuntos nunha experiencia de aprendizaxe

© Universidade de Vigo

Desde o pasado mes de febreiro, oito persoas usuarias da área de inclusión educativa de Down Pontevedra Xuntos inícianse na música na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, no marco dun taller impulsado pola Vicerreitoría do Campus. Fano acompañadas por oito estudantes do grao en Educación Primaria desta facultade, que as titorizan e as guían polas diferentes actividades que propón a profesora de música Marlene Armentero.

Tomando como punto de partida o seu caderno Mi, re, do, un proxecto desenvolvido inicialmente para o ensino da música en idades temperás, Armenteiro, licenciada en Educación, na especialidade de Educación Musical, pola Universidad de La Habana, promoveu no obradoiro unha ensinanza da música combinada coas matemáticas, a lectura, a pintura ou a escritura. Estas actividades buscan traballar de forma transversal a memoria, a atención, a percepción e a comunicación a través de diferentes estratexias e sempre coa música como fío condutor.

Tocar instrumentos de percusión, a realización de ritmos corporais, exercicios de respiración, vocalización, entoación e canto e un primeiro achegamento aos elementos básicos da linguaxe musical centran boa parte dos contidos que integran este curso articulado en oito sesións.

A profesional de Xuntos Leticia Fernández, pon de relevo como nun taller de apenas dous meses, persoas “que non teñen estudos musicais sexan capaces de interiorizar tan ben os coñecementos impartidos”, así como “conseguir comunicarse e expresarse con tanta facilidade” valéndose da música.

O vicerreitor do campus, Jorge Soto, sinala que “a Universidade é un ámbito idóneo para achegar á cidadanía proxectos que teñen que ver coa inclusión e a igualdade, xa que esta é un compromiso da comunidade universitaria cun proxecto común”.

Nesta mesma liña, o profesor de Pedagoxía Musical de Ciencias da Educación de do Deporte, Marco Lucato, explica que lles gustaría “repetir esta iniciativa en próximos cursos articulándoa dunha maneira máis ampla, xa que se trata dunha experiencia interesante para o alumnado”.

Entradas relacionadas

Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Xuntos e a corporación municipal reivindican a importancia da inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}