DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla

O Pazo de Quián (Sergude – Boqueixón) foi o escenario escollido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla para entregar o pasado venres os galardóns da primeira edición do seu concurso “Cheo de Vida”.

Grazas ao seu proxecto de Atención Temperá, a Federación Down Galicia foi unha das entidades seleccionadas para recibir un dos dous premios valorados en 3.000€ que o Consello Regulador outorgou co obxectivo de colaborar e poñer en marcha proxectos sociais, apoiando, acompañando e premiando aqueles baseados na colaboración, o beneficio social e a axuda a grupos desfavorecidos.

O programa de Atención Temperá da Federación ten por obxectivo ofrecer aos nenos e nenas coa síndrome de Down e ás súas familias un conxunto de accións que faciliten a súa adecuada maduración en todos os ámbitos e que lles permitan alcanzar o máximo nivel de desenvolvemento persoal e de inclusión. Deste xeito, este programa persegue, fundamentalmente, enriquecer o medio no que se desenvolve a poboación infantil e facilitar o axuste da familia proporcionándolle os apoios necesarios para educar á súa filla ou fillo, posibilitando a súa integración no medio familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.

Nesta edición tamén se recoñeceu a iniciativa “Con queixo crécese mellor” da Fundación Amigos de Galicia, baseada na necesidade de incorporar este lácteo no día a día da poboación máis nova, co fin de cubrir así parte das súas necesidades básicas de alimentación.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade