Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Case 150 persoas de entidades Down de Galicia estiveron traballando no 2018

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Case 150 persoas de entidades Down de Galicia estiveron traballando no 2018

30 Abril, 2019

» Case 150 persoas de entidades Down de Galicia estiveron traballando no 2018

Un total de 144 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2018. Este dato constata a mellora, aínda que lenta, na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que o número total de persoas usuarias do servizo que contaron cunha oportunidade laboral creceu un 2% con respecto ao mesmo período do ano anterior, elevando así a 5 os anos nos que este número vai en aumento. Desde o ano 2013 ata inicios do 2019 o número de persoas usuarias de entidades Down de Galicia que asinaron un contrato laboral aumentou un 218%.

Aínda así, soamente o 65,8% das persoas que conforman a bolsa de emprego de Down Galicia tiveron acceso a un posto de traballo neste período. Este baixo porcentaxe vén dado polo elevado número de participantes no programa, que nesta ocasión ascendeu ás 219 persoas usuarias, deixando constancia da importancia que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais lle outorgan a ter un emprego. E é que traballar contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se lles atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

A través destas contratacións, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como axudante de cociña, actor para un anuncio, recepcionista, ordenanza, peón vinícola, operario de fábrica ou auxiliar administrativo, entre moitos outros.

En canto á distribución por localidades, obsérvase que foron 55 persoas as que traballaron neste 2018 na zona de Vigo, 18 en A Coruña, 17 en Pontevedra, 15 en Compostela e 13 en Ferrol, Ourense e Lugo, mantendo ou mellorando as cifras con respecto ao ano anterior en tódalas localidades e demostrando deste xeito a utilidade e a aceptación desta metodoloxía entre o tecido empresarial privado.

Non obstante, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Así, as 144 persoas que tiveron unha oportunidade laboral durante o pasado ano contaron cun total de 178 contratos, o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos.

O contrapunto vén da man das prórrogas dos contratos e das transformacións dos mesmos en indefinidos, que se elevan a 21 e a 13 respectivamente, o que demostra o bo facer dos traballadores e traballadoras nos seus postos de traballo.

Destaca tamén o elevado número de prácticas laborais realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia (74), coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais. Sumando contratos e prácticas, case o 85% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron con unha oportunidade no eido laboral o pasado ano.

Sen embargo, aínda que se constata que os datos seguen unha tendencia ascendente desde hai uns anos, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria.

 

Acceso ao Emprego Público

O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia.

Durante o pasado ano, dúas persoas coa síndrome de Down accederon a postos na administración pública galega a través de senllos concursos-oposición. Así, tras meses de moito esforzo e constancia, Jacobo Rey González e Elías Ledo Vázquez comezaron a traballar como ordenanza na Xunta de Galicia e como uxier no Parlamento de Galicia, respectivamente.

Estes dous mozos son as cabezas visibles dunha preparación na que ano tras ano se ven inmersas decenas de persoas nas entidades Down en Galicia e que demostra o interese do colectivo polo acceso ao mercado laboral.

 

A metodoloxía Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}