Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia reclama unha sociedade baseada na igualdade de dereitos no Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia reclama unha sociedade baseada na igualdade de dereitos no Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

3 Maio, 2019

» Down Galicia reclama unha sociedade baseada na igualdade de dereitos no Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

O pasado 22 de febreiro, o Consello de Ministros do Goberno de España declaraba oficialmente o 3 de maio de cada ano como Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Esta xornada ten como finalidade a contribución ao coñecemento e difusión desta Convención, así como a toma de conciencia por parte da cidadanía dos seus principios, valores e mandatos.

Hai xa máis de 12 anos que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou este texto, un instrumento internacional de dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. A través dos seus 50 artigos, a Convención recolle todos os dereitos das persoas con discapacidade en ámbitos como o civil, o social, ou de acceso á educación, saúde e emprego.

Este tratado xurídico, ratificado por España no ano 2008, supón a consagración do enfoque de dereitos deste colectivo e a consideración das persoas con discapacidade como suxeitos titulares de dereitos. É, polo tanto, de obrigado cumprimento para o Estado garantir que o exercicio dos mesmos sexa pleno e efectivo.

Aínda que é certo que se lograron grandes avances nos últimos anos, aínda seguen producíndose vulneracións aos dereitos máis fundamentais. Desde a súa ratificación no noso país, Down Galicia loita para que os principios incluídos neste texto sexan cumpridos na súa totalidade e se aseguren e respecten deste xeito os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade.

 

Un vídeo para reivindicar a igualdade de dereitos

Para  combater o descoñecemento xeneralizado que existe no noso país sobre este tratado internacional, a Federación Down Galicia lanza hoxe un vídeo reivindicativo centrado na importancia da construción dunha sociedade baseada na igualdade de dereitos para toda a súa cidadanía. A través desta peza audiovisual coñeceremos a experiencia e as demandas de Mar Vidal, membro de Down Galicia, e da súa familia neste eido.

Accede aquí ao vídeo!

 

A non discriminación, un dos principios básicos da Convención

A Convención e os seus artigos baséanse en oito principios reitores entre os que destacan o respecto da dignidade inherente, a autonomía individual e a independencia das persoas, a participación e inclusión plenas e efectivas na sociedade, o respecto pola diferenza, a igualdade de oportunidades, a accesibilidade, a igualdade entre o home e a muller, o respecto á evolución das facultades dos nenos e as nenas con discapacidade e a non discriminación.

Apelando a este último principio reitor, Down Galicia quere expresar a súa repulsa e condenar publicamente os comentarios aparecidos nas últimas semanas en varios medios de comunicación e redes sociais que inclúen contido ofensivo, vexatorio e denigrante sobre as persoas coa síndrome de Down e outros colectivos.

 

Educación inclusiva, un dereito fundamental

Nos últimos tempos, estase observando como varios sectores da sociedade están erguendo a súa voz apelando a unha educación segregada. Pero o dereito a unha educación inclusiva é un dos dereitos avalados pola Convención Internacional da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que no seu artigo 24 recoñece que “os Estados asegurarán un sistema de educación inclusivo a todos os niveis para as persoas con discapacidade”.

A Federación Down Galicia leva desde hai anos poñendo de manifesto que o sistema educativo español é discriminatorio coas persoas coa síndrome de Down e vulnera o establecido neste tratado internacional.

Unha vez máis, Down Galicia quere reivindicar a importancia da construción dun modelo educativo inclusivo baseado nos principios de calidade, equidade, flexibilidade e respecto á diversidade. Debemos ter presente que a sociedade da cal formamos parte é plural e esa realidade ha de ser a bandeira da educación. Polo tanto, debemos ter en conta que se se segrega ao alumnado, sexa cal sexa a causa, sobre todo nunha idade temperá, non estamos avanzando na construción dunha sociedade tolerante e respectuosa coa diferenza.

 

Ademais do dereito á educación inclusiva, a Convención recolle outros dereitos fundamentais como o dereito a vivir en forma independente, o dereito a formar unha familia, o dereito ao traballo e ao emprego libre, o dereito á saúde, os dereitos de participación ou o dereito de voto, entre outros.

Entradas relacionadas

Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}