Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Fiscalía reforza a protección das persoas con discapacidade nunha circular sobre delitos de odio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Fiscalía reforza a protección das persoas con discapacidade nunha circular sobre delitos de odio

27 Maio, 2019

» A Fiscalía reforza a protección das persoas con discapacidade nunha circular sobre delitos de odio

A Fiscalía General del Estado (FGE) publicou nos últimos días una circular na que ofrecen novas indicacións para interpretar os delitos de odio tipificados no artigo 510 do Código penal. Entre eles inclúense os que incumben ás persoas con discapacidade, como o de discriminación laboral, denegación de servizos públicos ou escarnio e vexación, entre outros.

A circular será o referente no que os xuíces deberán apoiarse para xulgar as denuncias polo motivo mencionado. Por iso, o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) elaborou un informe no que examina o impacto positivo das pautas que indica a Fiscalía sobre as persoas con discapacidade.

“As persoas con discapacidade participan plenamente da dignidade propia de todos os seres humanos, polo que as agresións á mesma deben ter unha adecuada resposta penal que repoña os dereitos vulnerados, eduque socialmente e preveña e disuada de comportamentos similares”, expón o CERMI.

O Comité destaca a importancia da definición dalgúns conceptos do Código penal. Entre eles, o de discapacidade; “aquela situación en que se atopa unha persoa con deficiencias físicas, mentais intelectuais ou sensoriais de carácter permanente que, ao interactuar con diversas barreiras, poidan limitar ou impedir a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións coas demais”.

Pola súa importancia para as persoas con discapacidade, o CERMI tamén subliña a aclaración de ‘descrédito’, definido como “diminución ou perda da reputación das persoas ou do valor e estima das cousas”; ‘menosprezo’, como “equivalente a pouco aprecio, pouca estimación, desprezo ou desdén”, e ‘humillación’ como “ferir o amor propio ou dignidade de alguén, pasar por unha situación na que a dignidade da persoa sufra algún menoscabo”.

Doutra banda a circular da FGE analizada incide en que as condutas tipificadas como delito de odio serán aínda máis graves no suposto da difusión mediática, xa sexa por medio da internet ou mediante o uso de tecnoloxías da información, de modo que se fixese accesible a un elevado número de persoas.

Finalmente, a circular explica que “para que concorra unha infracción de odio será necesario que a acción ou omisión só poida ser entendida desde o desprezo á dignidade intrínseca que todo ser humano posúe polo mero feito de selo. Supón, en definitiva, un ataque ao diferente como expresión dunha intolerancia incompatible coa convivencia”.

Entradas relacionadas

Máis de 500 persoas recibiron formación no programa integrado para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables no que participou a Federación
15 Novembro, 2023
Máis de mil cincocentas accións desenvoltas no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que atende a 249 persoas demandantes
24 Outubro, 2023
Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
2 Outubro, 2023
Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}