Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Grupo de teatro Down Compostela estrea este venres ‘Todos os camiños levan a Santiago’

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Grupo de teatro Down Compostela estrea este venres ‘Todos os camiños levan a Santiago’

6 Xuño, 2019

» O Grupo de teatro Down Compostela estrea este venres ‘Todos os camiños levan a Santiago’

O Camiño de Santiago é o motivo elixido este ano polo Grupo de teatro Down Compostela para representar a súa undécima obra, que estreará este venres, 7 de xuño, no Salón Teatro de Santiago a partir das 20.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforo, polo que será necesario recoller previamente a entrada.

Dirixidos por Lucas Herrador, nesta obra participan 19 mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, que representarán sobre o escenario diferentes motivacións que teñen os miles de peregrinos que todos os anos visitan a capital.

Os camiñantes chegan a Santiago “cun mal disimulado orgullo pintando na cara, a recompensa a tanto esforzo está a poucos pasos”, sinala Herrador cando se lle pregunta que lle motivou a escribir esta obra. “Pensando na motivación que tiveron persoas tan diversas para realizar unha actividade destas características, chego á conclusión de que as razóns son tantas como persoas percorren o Camiño de Santiago”, asegura o director.

“Nun ton xocoso”, Lucas tentou “dar un punto de vista sobre estas causas, que se repiten desde hai séculos, facendo que peregrinos de todo o orbe acudan ata a tumba do Apóstolo Santiago”. O humor e a ironía estarán tamén presentes nesta obra, na que os actores volverán implicar ao público como parte do espectáculo.

En 2017, o Grupo de Teatro Down Compostela conseguiu o Premio do Público na Mostra de Teatro de Rianxo, onde representou a obra ‘Arturo, Arthur, Artur’.

‘Todos vos camiños levan a Santiago’ é a undécima obra que representa o Grupo de Teatro Down Compostela, despois da posta en escena de ‘La mansión de José Cruz’ (2018); ‘Arturo, Arthur, Artur’ (Salón Teatro, 2017), ‘Búscame a ese tipo’ (Salón Teatro, 2016), ‘Solo ante la Peligros’ (Salón Teatro, 2015), ‘Alicia en el país de las maravillas’ (Auditorio de Galicia, 2009), ‘Esopo y sus fábulas’ (Sala Nasa, 2010), ‘Romeo y Julieta’ (Sala Nasa, 2011), ‘Fuenteovejuna’ (Salón Teatro, 2012), ‘Bodas de sangre’ (Salón Teatro y Casa de Cultura de Milladoiro, 2013) e ‘Las pruebas de Hércules’ (Salón Teatro y Casa de Cultura de Milladoiro, 2014).

Entradas relacionadas

Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Down Lugo percorre unha etapa do Camiño Primitivo
1 Xullo, 2022
Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}