Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Recompiladas as axudas e servizos estatais a familias nunha única guía xa dispoñible

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Recompiladas as axudas e servizos estatais a familias nunha única guía xa dispoñible

10 Xuño, 2019

» Recompiladas as axudas e servizos estatais a familias nunha única guía xa dispoñible

A Administración Xeral do Estado desenvolve múltiples iniciativas de apoio ás familias desde os diversos ministerios, que afectan á protección social, a normativa laboral, a fiscalidade, as bolsas educativas e a política de vivenda, entre outras. O Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar vén de publicar un interesante documento cuxo obxectivo é facilitar e aglutinar a información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición.

Esta Guía de Ayudas Sociales y Servicios para las Familias 2019 contén a información máis relevante sobre estas medidas para facilitar á cidadanía interesada o acceso ás mesmas. Nesta nova edición, recóllense principalmente as axudas establecidas nos ámbitos de seguridade social, emprego, fiscalidade, servizos sociais, educación, entre outros.

Algunhas das medidas van dirixidas ás familias en xeral, mentres que outras teñen como beneficiarios a colectivos familiares singulares, como é o caso das familias numerosas, as familias monoparentais ou as familias con persoas con discapacidade.

Por exemplo, a publicación aclara que nos casos en que o fillo/a ou menor a cargo teña a condición de persoa con discapacidade, o importe da asignación económica será, en cómputo anual, o seguinte: 1.000 euros, cando teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, 4.704,00 euros nun grao igual ou superior ao 65% e 7.056,00 euros, nun grao igual ou superior ao 75% e necesite axuda dunha terceira persoa para realizar os actos máis esenciais da vida.

Doutra banda, a guía reserva un amplo apartado ás funcións da Oficina de Atención a la Discapacidad (OADIS), un órgano consultivo do Consejo Nacional de la Discapacidad, encargado de promover a igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Á OADIS pode acudir calquera persoa con discapacidade e as súas familias ou os movementos asociativos das persoas con discapacidade, sempre que invoquen que foron obxecto de discriminación por mor da súa discapacidade no teléfono 91 822 65 12/13/14/23/25 ou a través do correo electrónico oadis@mscbs.es. A súa páxina web é oadis.mscbs.gob.es.

Accede aquí á Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias 2019.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}