Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Comeza o Encontro de Mozos Down España na Coruña: Festival inclusivo, roteiros turísticos e espazos de debate

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Comeza o Encontro de Mozos Down España na Coruña: Festival inclusivo, roteiros turísticos e espazos de debate

21 Xuño, 2019

» Comeza o Encontro de Mozos Down España na Coruña: Festival inclusivo, roteiros turísticos e espazos de debate

A Coruña acolle esta fin de semana o V Encontro Nacional de Mozos e Mozas Down España. Desde hoxe ata este domingo a cidade herculina reúne a máis dun centenar de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual vindas de toda a xeografía española para vivir unhas xornadas festivas, reflexivas e inclusivas grazas a este evento que organizan Down Coruña e a federación estatal.

Desta maneira, membros dunha ducia de entidades Down participarán xunto a familiares e amigos neste encontro que inclúe espazos de debate sobre temas demandados polos asistentes, o festival de música inclusivo Santa Xoaniña, roteiros turísticos polos puntos destacados da cidade ou unha cea de gala nun restaurante con estrela Michelin, entre outras actividades.

Día inaugural marcado por un festival aberto á cidade

Hoxe, venres 21, os e as participantes ao encontro serán recibidos pola organización nos puntos de encontro para coñecer máis detalladamente como se desenvolverá a fin de semana. Haberá tempo libre ademais para establecer as primeiras conversacións co resto de asistentes.

A pedra angular do día inaugural terá lugar coa chegada da noite. O Festival Santa Xoaniña marcará o momento de romper o xeo axuntando comida ao aire libre, música, baile e moita festa. Desde as 21:30 en O Parrote terán lugar os dous concertos que compoñen este festival, co grupo de rock Xerock da Guarda e a agrupación coruñesa de reggae Bush Doctors.

Unha xornada principal con menú completo

Mañá sábado, día principal do encontro, estará repleto de actividades. Así, os roteiros turísticos protagonizarán a mañá, dando a oportunidade de visitar a Torre de Hércules, o Monte de San Pedro, o Aquarium e o centro da cidade. Coa chegada do mediodía, ás 12:30, terá lugar a presentación da curtametraxe “ Descoñecidas” na Sede Afundación, cuxa entrada é libre.

Pola tarde serán os espazos de debate os que copen a atención dos e das asistentes. Os temas propostos por estes serán os protagonistas, abordando diferentes cuestións relacionadas coa vida adulta e independente.

Rematando a tarde haberá un espazo de peiteado e maquillaxe baixo o título “No me mires” para que os e as participantes se poñan a punto para a gran cea de gala que terá lugar inmediatamente despois. Será unha comida no restaurante Árbore da Veira, cunha estrela Michelin no seu haber, que terá como guinda unha sesión DJ.

Conclusións para poñer o punto final

Para pechar o encontro, o domingo terá lugar un acto de clausura. Nel poñeranse en común as conclusións e reflexións dos espazos de debate, ademais de despedir o evento e aos asistentes cun vídeo resumen do que deron de si as tres xornadas.

Entradas relacionadas

Aberto o prazo de inscrición para o próximo Encontro Nacional de Irmáns de persoas coa síndrome de Down de Down España
19 Abril, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}