Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Os participantes do Encontro de Mozos Down España reivindican a súa autonomía nun evento aberto á cidade da Coruña

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Os participantes do Encontro de Mozos Down España reivindican a súa autonomía nun evento aberto á cidade da Coruña

24 Xuño, 2019

» Os participantes do Encontro de Mozos Down España reivindican a súa autonomía nun evento aberto á cidade da Coruña

Un centenar de mozos e mozas con síndrome de Down e discapacidade intelectual reuníronse esta pasada fin de semana na Coruña con motivo do 5º Encontro Nacional de Mozos Down España. A cidade herculina acolleu este evento anual, da man da asociación Down Coruña, para vivir unhas xornadas festivas, reflexivas e inclusivas co obxectivo de compartir experiencias e visibilizar o colectivo.

Os e as usuarias dunha decena de entidades da Rede Nacional de Vida Independente, así como algúns amigos e familiares, gozaron dun programa moi completo, con experiencias turísticas, lúdicas e gastronómicas. O festival de música inclusivo Santa Xoaniña, os roteiros turísticos dinámicos pola cidade e a cea de gala foron as actividades estrela. Non quedaron atrás os espazos de debate, onde os asistentes intercambiaron vivencias e coñecementos relacionados coa vida independente.

Recibimento oficial e festival inclusivo

O venres pola tarde os participantes foron recibidos na Residencia Calvo Sotelo para inaugurar o encontro. A alcaldesa da cidade, Inés Rey, a representante da área de Benestar da Deputación dá Coruña, Silvia Seixas, o director de Down España, Agustín Matía, e o presidente de Down Coruña, Manuel Álvarez Esmorís deron a benvida ao 5º Encontro de Mozos destacando a actitude inclusiva do mesmo.

O punto álxido da xornada inaugural tivo lugar á noite. Comida ao aire libre, música, baile e festa aberta á cidade foron os ingredientes do Festival Santa Xoaniña. O evento encheu O Parrote cun gran ambiente inclusivo e dous enérxicos concertos, o da banda de rock Xerock da Guarda e o do grupo coruñés de reggae Bush Doctors.

Menú completo para o día principal

O sábado foi a pedra angular do encontro, unha xornada repleta de actividades. O turismo dinámico protagonizou a mañá, dando a oportunidade de visitar a Torre de Hércules, o Monte de San Pedro, o Aquarium e o centro da cidade. Coa chegada do mediodía tivo lugar a presentación da curtametraxe “Descoñecidas” na Sede Afundación, que encheu o seu aforo.

Pola tarde desenvolvéronse diferentes debates. Os temas para tratar foron demandados polos asistentes, abordando diferentes cuestións relacionadas coa vida independente, como a parella, os irmáns e a familia, a vivenda, o emprego e formación, as barreiras sociais e o futuro baixo unha mirada positiva.

Terminando a tarde abriuse un espazo de peiteado e maquillaxe baixo o título “No me mires”, onde os e as participantes puxéronse a punto para a gran cea de gala que tivo lugar inmediatamente despois. Unha comida no impoñente restaurante Árbore da Veira, cunha estrela Michelin no seu haber, e que tivo como guinda unha sesión DJ e un espazo de photocall para captar os mellores recordos do encontro.

Conclusións e vídeo resumen para o fin de festa

Coa chegada da medianoite tivo lugar o acto de clausura. Nel puxéronse en común as conclusións e reflexións dos espazos de debate, ademais de despedir o evento e aos asistentes cun vídeo resumen editado por Down Galicia do que deu de si o 5º Encontro Nacional de Mozos Down España na Coruña.

Entradas relacionadas

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Á venda o calendario solidario de Down Coruña 2023
29 Decembro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
O Quiosco de Down Experience únese a Just Eat para servir os seus produtos a domicilio
30 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}