Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Graduada a primeira promoción do proxecto de formación inclusiva ALIDA de Down Vigo e a Escola de Maxisterio

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Graduada a primeira promoción do proxecto de formación inclusiva ALIDA de Down Vigo e a Escola de Maxisterio

27 Xuño, 2019

» Graduada a primeira promoción do proxecto de formación inclusiva ALIDA de Down Vigo e a Escola de Maxisterio

O pasado venres tivo lugar o acto de gradación da primeira promoción do Programa ALIDA, un proxecto que desenvolven Down Vigo e a Escola Universitaria CEU de Maxisterio que ten como obxectivo o acceso de persoas con discapacidade intelectual á universidade, facilitando así unha vida autónoma a través de ferramentas de empregabilidade. O acto de gradación tivo lugar na sede de Afundación onde os xa 12 titulados da promoción obtiveron un diploma acreditativo.

Durante a entrega de diplomas, Julia Criado, coordinadora do programa, apuntou a importancia desta promoción pioneira en toda Galicia, que abre un camiño que xa quedará para outros estudantes. Pola súa banda, o alumnado pronunciou un discurso no que destacou “a importancia de que as persoas con síndrome de Down e diversidade funcional accedan a formacións superiores, con aulas inclusivas e formando parte activa da comunidade universitaria”.

Unha experiencia inclusiva

Desde o pasado curso, o alumnado asistente participou na vida diaria da Escola Universitaria CEU de Maxisterio, con formación en habilidades socio-laborais así como actividades inclusivas e de colaboración tales como unha obra de teatro ou diversos talleres para fomentar a creatividade e as habilidades manipulativas. As materias son impartidas por docentes voluntarios da Escola Universitaria CEU de Maxisterio e profesionais de Down Vigo, compartindo aula e actividades co resto de estudantes.

O Programa ALIDA está formado por dous cursos académicos, nos que se imparten materias como relacións laborais, xestión da información ou novas tecnoloxías. Toda a aprendizaxe consolídase cun período de prácticas nunha contorna laboral ordinaria, colaborando con empresas do sector administrativo.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}