Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Ferrolterra implícase con Teima Down Ferrol no seu gran festival de 25 aniversario

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Ferrolterra implícase con Teima Down Ferrol no seu gran festival de 25 aniversario

28 Xuño, 2019

» Ferrolterra implícase con Teima Down Ferrol no seu gran festival de 25 aniversario

Teima Down Ferrol celebrou onte o seu 25 aniversario cun gran festival de case 12 horas de duración no Parque Raíña Sofía da cidade baixo o título Camiño Teimudo Fest. A asociación foi arroupada polas institucións, os seus habituais colaboradores e público xeneral vindos de toda a comarca de Ferrolterra. Unha ducia de artistas musicais, plásticos e de baile quixeron achegar a súa arte nunha xornada que non esqueceu o seu sentido reivindicativo tras un cuarto de século de loita polos dereitos e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

A celebración, presidida por Patricia Serantes, presidenta de Teima, recibiu a visita do alcalde de Ferrol, Angel Mato, as edilas Eva Martínez e Maite Deus, o concelleiro popular José Manuel Rey Varela así como Luís Miguel Vázquez Carreira, representante da Consellería de Política Social. Mato felicitou a Teima pola súa traxectoria e expresou a súa intención de apoiar a política de integración social das persoas con discapacidade intelectual.

Unha multitude de artistas forma o Camiño Teimudo Fest

O festival arrincou ao mediodía cunha aula de salsa, para continuar cunha sesión vermú con música de Fran Rey, Dayami Andux, Hilda e Andrés Balado, concursante de La Voz. Pola tarde, a animación correu a cargo de Marcos Mella, Laura Romero -gañadora do programa de TVG “Pequenos fenómenos” e que doou o seu premio a Teima-, El Chigri, a escola de música Rockschool Center, Quenindiole e o DJ Mass Music. O amplo cartel, que brindou case 12 horas de música, complementouse con exposicións, photocall e puntos informativos.

Un mosaico cooperativo, símbolo da inclusión

As autoridades, artistas, membros de Teima e a cidadanía ferrolá, contribuíron a elaborar o mosaico cooperativo “Camiño teimudo”, que se confeccionou ao longo da xornada baixo as directrices do artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”. O mural representa o traballo colectivo da sociedade para lograr a inclusión, a través dun deseño en forma de frecha, que indica ese longo camiño que depende de todas e todos, protagonizado polo logotipo do colectivo Down.

Desde a Federación Down Galicia, xunta directiva e profesionais, trasladamos unha vez máis a Teima nosas máis agarimosas e sinceras felicitacións polo seu decidido traballo, por todos e cada un dos logros acadados e por ser un referente na federación en moitos sentidos. A entidade agradece ademais todas as súas achegas ao colectivo ao longo destes 25 anos, desexando que sigamos traballando conxuntamente por un futuro teimudamente inclusivo

Entradas relacionadas

Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Down Galicia realiza unha etapa do Camiño Inglés ao abeiro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia
11 Setembro, 2021
Excelentes resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
30 Agosto, 2021
Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC
22 Xullo, 2021
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}