Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

BBVA e Down Galicia organizan unha xornada científica para celebrar unha nova edición do seu programa de prácticas

Traballamos

Medramos

Aprendemos

BBVA e Down Galicia organizan unha xornada científica para celebrar unha nova edición do seu programa de prácticas

11 Xullo, 2019

» BBVA e Down Galicia organizan unha xornada científica para celebrar unha nova edición do seu programa de prácticas

BBVA e Down Galicia presentaron esta mañá, en Santiago de Compostela, unha nova edición do programa de prácticas formativas ‘Emprego con Apoio’, que axuda a mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a adquirir experiencia laboral facilitando o proceso de procura de emprego, á vez que contribúe ao desenvolvemento das súas habilidades sociais.

Esta edición arrincou coa realización de tres talleres científico- prácticios para facilitar a comprensión de fenómenos da natureza. No acto celebrado hoxe, Yolanda Martínez-Baixo, directora do Territorial Noroeste de BBVA, José Manuel Martín Serrano, director de Zona de BBVA en Galicia Centro; e Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, entregaron os diplomas aos 14 participantes do 2018 e deron a benvida aos sete que este ano participan no programa.

Desde 2012, o programa ‘Emprego con Apoio’, promovido por BBVA, en colaboración con Down Galicia apoiou a formación de 105 mozos. A través da realización de prácticas formativas en oficinas galegas da entidade bancaria, os participantes adquiren unha experiencia laboral favorecendo a súa integración en diferentes equipos de traballo.

Ao longo deste ano, os sete participantes traballarán en sesións de catro horas diarias durante un período que vai dun a dous meses en actividades administrativas, e que levarán a cabo en cinco oficinas de BBVA en Galicia. O programa ‘Emprego con Apoio’ supuxo en todas as súas edicións anteriores unha experiencia moi positiva e de gran valor non só para os mozos participantes, senón tamén para os empregados do banco.

Yolanda Martínez-Baixo, directora do Territorial Noroeste de BBVA, destacou o esforzo e a dedicación de todos os mozos que realizaron as prácticas. “Demostrastes o importante que é crer en vós mesmos, esforzarvos por conseguir os vosos obxectivos e en definitiva, ser capaces de facer os vosos soños realidade”, declarou Yolanda.

Pola súa banda, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, resaltou a importancia das oportunidades laborais para as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, así como a transcendencia deste tipo de iniciativas. “Con este programa de prácticas, BBVA outorga visibilidade ás persoas con capacidades diferentes. É unha gran oportunidade que axuda a dar os pasos cara a inclusión laboral e debe culminar cun contrato efectivo”.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
“Estou contenta de ter un traballo para toda a vida que me permita seguir sendo independente”
4 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}