DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Éxito rotundo dos membros das entidades Down nos exames de Compentencias clave

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Éxito rotundo dos membros das entidades Down nos exames de Compentencias clave

Grandes resultados na avaliación das Competencias clave dos membros das entidades Down de Galicia que se examinaron o pasado 25 de maio en Silleda. Na 13ª edición destas probas, os 15 exames realizados por usuarias e usuarios da Federación no nivel 2 acadaron un resultado positivo, o que supón o 100% dos aprobados.

No tocante aos exames de nivel 3, os resultados foron tamén un éxito, xa que o 92,3% das competencias foron superadas, quedando soamente coa cualificación de “Non apta” unha delas. Desta maneira, a suma dos resultados das probas de nivel 2 e nivel 3 amosan un 96,5% de aprobados totais, o que evidencia a gran preparación das 14 persoas participantes, pertencentes ás entidades Down de Ferrol, Lugo e Pontevedra.

As persoas participantes coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual examináronse en igualdade de condicións que o resto das preto de 4.000 persoas que se presentaron nesta ocasión. Para que fose posible, foron solicitadas as adaptacións dos exames á metodoloxía de Lectura Fácil (para facilitar a comprensión das preguntas e dos textos), a ampliación da letra e do tempo para cada exame e, nalgúns casos, persoal de apoio.

Neste sentido, as entidades Down en Galicia destacan a importancia de concorrer a este tipo de probas a través do sistema ordinario. Asegúrase, deste xeito, a inclusión social atendendo á diversidade de cada individuo, e garántese que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades de acceso e participación tendo en conta as súas necesidades.

Que son as Competencias clave?

As probas de Competencias clave están pensadas para que as persoas que non posúen os requisitos de formación básica (ESO ou Bacharelato) poidan demostrar as súas capacidades e coñecementos co obxectivo de acceder á formación para o emprego. Así, estas probas convértense en unha das vías de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3, xa que as persoas que as superan están acreditando uns requisitos formativos que asegurarán que posúen os coñecementos necesarios para acceder aos diferentes cursos.

Hai 4 competencias clave (lingua galega, castelá, estranxeira, e matemáticas) e para cada unha hai dous niveis. O nivel 2 correspóndese co título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente, e o nivel 3 correspóndese con Bacharelato ou equivalente.

Entradas relacionadas
Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
17 Febreiro, 2021
Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España
5 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
20 Xaneiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade