DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

A Xustiza esixe á administración inclusión educativa: mellor nunha aula ordinaria con apoio que nunha específica

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» A Xustiza esixe á administración inclusión educativa: mellor nunha aula ordinaria con apoio que nunha específica

Laura debe estudar na mesma aula que as súas compañeiras e compañeiros. A Xustiza deu outro paso cara á inclusión educativa e obriga á Junta de Andalucía a escolarizar a unha nena de nove anos con Trastorno Educativo da Linguaxe (TEL) na mesma aula que o resto do alumnado e dotarlle de medios, como quería a familia, e non nunha aula específica aparte, como pretendía a Consejería de Educación.

“Estamos moi contentos”, valora María, nai de Laura. “Sempre tivemos claro que queriamos a aula ordinaria. Isto non era unha cuestión educativa ou sanitaria. É un tema social, queriamos evitar a morte social da miña filla”, explica a eldiario.es.

Argumenta o xuíz na súa sentenza, na liña que veñen marcando sentenzas previas, que se produciu unha vulneración dos dereitos fundamentais de Laura porque a administración “non esgotou as posibilidades dunha modalidade máis integradora como a de manter a Laura nunha clase ordinaria, con medidas ou reforzos externos” tal e como marca a lei que debe facer.

“O máis relevante deste caso é que a primeira sentenza en España que dalgunha forma conclúe que unha aula específica nun centro ordinario reduce as posibilidades de inclusión dunha alumna” explica Carme Fernández, presidenta da Fundació Gerard de apoio á inclusión. “E isto é fundamental, porque as administracións venden as aulas específicas como inclusivas”.

Ata hoxe, segundo Fernández, a Xustiza non entrara no rol das aulas específicas na inclusión, unha modalidade de educación segregada menos extrema que os centros de educación especial. Estas aulas son espazos, dentro dos centros ordinarios, aos que leva a alumnos con necesidades educativas especiais durante algunhas horas (ou todo o día), que contan con profesionais especializados e menos alumnado. Considéranse un paso intermedio fronte aos centros de educación especial porque permite aos pequenos socializar cos seus compañeiros sen discapacidade nos intres nos que non están en clase ou nalgunhas materias.

Tamén achega outro fallo tendente á inclusión educativa plena. O texto, que a Junta en principio non ten intención de recorrer máis, incorpórase desta maneira á xurisprudencia que se vai desenvolvendo ao redor da inclusión, que conta xa con sentenzas favorables do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo.

A Convención da ONU, piar no que se sustenta a sentenza

Para ditar esta sentenza, o xuíz Andrés Salgas apoiouse na Convención sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, que España ratificou en 2007. Este tratado internacional obriga aos Estados asinantes a asegurar a educación inclusiva das persoas con discapacidade. É dicir, antes de enviar a un alumno a un centro de educación especial, a Administración debe esgotar todas as posibilidades ao seu alcance para garantir a súa inclusión nun centro ordinario.

O problema, segundo explica Fernández, é que resulta “moi difícil que a administración acredite que esgotou todas as posibilidades porque nunca se poñen todos os medios posibles“.

Entradas relacionadas
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade