Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Compostela cede o testemuño a Almería para acoller este outono o encontro de familias e irmáns

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Compostela cede o testemuño a Almería para acoller este outono o encontro de familias e irmáns

6 Agosto, 2019

» Compostela cede o testemuño a Almería para acoller este outono o encontro de familias e irmáns

Down Compostela cede o testemuño a Asalsido Down Almería para acoller a organización do 19º Encontro de Familias e o 11º Encontro de irmáns e irmás coa síndrome de Down e discapacidade intelectual que terán lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro deste ano na cidade andaluza.

Ambos eventos coordinados con Down España desenvolveranse conxuntamente. O prazo de preinscrición abrirase dentro dun mes, a inicios de setembro. A asignación de prazas farase por sorteo on-line entre todas as persoas preinscritas.

A cita deste ano inaugurarase no Auditorio municipal Maestro Padilla o 31 de outubro e transcorrerá nas instalacións da Universidade de Almería ata o 3 de novembro. A organización está a ultimar os detalles do programa, que ten previsto priorizar os espazos de debate e opinión das familias, atendendo ás demandas recollidas nas avaliacións do último encontro celebrado o ano pasado na capital de Galicia.

O prazo de preinscrición para ambos os encontros abrirao Down España a principios do mes de setembro e informará a través das súas canles (web, páxina de Facebook e perfil de Twitter oficiais) e de correo electrónico a antigos participantes, os pasos detallados a seguir para cumprimentar a preinscrición e o posterior pago.

Como noutras ocasións, as familias que queiran acudir á cita poderán preinscribirse a través dunha aplicación que estará dispoñible na web da federación estatal. Cada familia preinscrita recibirá un número.

Tras esta primeira fase de preinscrición, as prazas definitivas asignaranse a través dun sorteo on-line no que tomarán parte os números de todas as familias preinscritas. Este sorteo realizarase a finais de setembro. As familias que obteñan praza no sorteo terán entón un prazo de 5 días para realizar o pago de inscrición.

Este 19º Encontro de familias de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual ten como obxectivos:

  • Apoiar ás familias para debater como facer posible o respecto dos Dereitos e a vida independente dos seus fillos e fillas.
  • Potenciar o debate, a vinculación e o intercambio de experiencias entre as persoas asistentes.
  • Dar protagonismo ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.
  • Desfrutar e compartir momentos de lecer e tempo libre con outras familias para aumentar a cohesión entre o colectivo.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}