DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Dispoñible a aplicación móbil “En defensa propia” para denunciar as vulneracións de dereitos de persoas con discapacidade

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Dispoñible a aplicación móbil “En defensa propia” para denunciar as vulneracións de dereitos de persoas con discapacidade

Que facer se se sofre unha situación onde se vulneran os teus dereitos ou os dun familiar? A aplicación para móbiles e tablets “En defensa propia” axudará a dar resposta cun manual de autodefensa, dando a opción de denunciar o ocorrido. A app inclúe unha versión en Lectura Fácil ademais doutras ferramentas de accesibilidade.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), do que forma parte Down Galicia, lanzou a aplicación “En defensa propia”, concibida e deseñada para denunciar as vulneracións de dereitos, de todo tipo, que sofren as persoas con discapacidade e as súas familias.

A app informa de forma áxil e en termos comprensibles sobre os dereitos das persoas con discapacidade, así como dos recursos dispoñibles para a súa protección e tutela, ofrecendo unha vía en liña para a denuncia de calquera violación dos mesmos –non discriminación, accesibilidade, xénero, imaxe social, etc.-, que activará respostas de persecución, corrección e castigo.

Para non excluír a ningunha persoa potencial usuaria, a aplicación deseñouse de modo que quede garantida a accesibilidade, ademais de contar con versión en Lingua de Signos Española e en Lectura Fácil.

A aplicación, dispoñible sen custo nas tendas tanto de Apple Store como de Android, actualiza, amplía e mellora unha anterior denominada “Denuncias CERMI”, lanzada no ano 2011, e que foi a primeira canle dixital desta clase dedicada á defensa activa de dereitos no eido da discapacidade.

Para a realización deste proxecto, o CERMI recibiu o apoio da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, do ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a través da convocatoria do 0,7 % do IRPF de Interese Social.

Podes descargar a aplicación nas seguintes ligazóns: Apple Store / Android

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
CERMI Galicia elixe a Luciano Fernández como novo presidente
1 Decembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia
20 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade