downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Aberto o prazo de preinscrición para o Encontro de familias e irmáns de Almería deste outono

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Aberto o prazo de preinscrición para o Encontro de familias e irmáns de Almería deste outono

9 Setembro, 2019

» Aberto o prazo de preinscrición para o Encontro de familias e irmáns de Almería deste outono

O prazo para participar no 19º Encontro de familias e o 11º Encontro de Irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual xa está aberto desde esta fin de semana e finalizará o 16 de setembro, ás 10:00 horas. Asalsido Down Almería colle o testemuño de Down Compostela e organiza o evento deste ano, que terá lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro.

Ambos eventos, coordinados con Down España, desenvolveranse conxuntamente. A cita inaugurarase no Auditorio municipal Maestro Padilla o 31 de outubro e transcorrerá en instalacións da Universidad de Almería ata o 3 de novembro.

Tras esta primeira fase de preinscrición, as prazas definitivas asignaranse a través dun sorteo on-line no que tomarán parte os números de todas as familias prerexistradas. Este sorteo realizarase o 19 de setembro. As familias que obteñan praza no sorteo terán entón un prazo de 5 días para realizar o pago de inscrición.

Como realizar a preinscrición e pago

As e os interesados deberán realizar o proceso de preinscrición a través da web encuentrodefamiliasdown.com. Para encher o formulario, se a familia xa asistiu a algún dos encontros anteriores deberá acceder como ‘Familia rexistrada‘; en caso contrario, deberán entrar como ‘Familia non rexistrada’. As familias dispoñen dun documento de axuda para o proceso de preinscrición, onde se detallan os pasos para seguir.

As familias seleccionadas terán desde o 19 de setembro ata o 25 ás 12 horas para pagar, a través da aplicación, a cota correspondente mediante tarxeta de crédito e, desta forma, confirmar a súa inscrición. No caso de que haxa familias que non formalicen a inscrición pasado o prazo, procederase a contactar coas que estean na lista de espera, seguindo a orde establecida no sorteo.

Programa do encontro

Este 19º Encontro de familias de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual ten como obxectivos:

– Apoiar ás familias para debater como facer posible o respecto dos dereitos e a vida independente dos seus fillos e fillas.

– Potenciar o debate, a vinculación e o intercambio de experiencias entre as persoas asistentes.

– Dar protagonismo ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.

– Gozar e compartir momentos de lecer e tempo libre con outras familias para aumentar a cohesión entre o colectivo.

 

Entradas relacionadas
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}