Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Movemento Down pide un esforzo a docentes e administracións para seguir avanzando cara a unha educación inclusiva

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Movemento Down pide un esforzo a docentes e administracións para seguir avanzando cara a unha educación inclusiva

27 Setembro, 2019

» O Movemento Down pide un esforzo a docentes e administracións para seguir avanzando cara a unha educación inclusiva

Ante o arranque do novo curso escolar que vén de comezar, o Movemento Down, a través de Down España e Down Galicia, solicita un esforzo e presta o seu apoio a profesorado e demais profesionais do ámbito da educación, así como esixe ás administracións a achega de todos os medios posibles, para seguir avanzando cara a unha educación inclusiva.

Tras a volta ás aulas de miles de alumnos e alumnas con discapacidade en todo o país, comezan a chegar as primeiras voces de alarma de pais e nais que relatan unha carencia de apoios educativos e diferentes problemas que están a atopar para lograr a inclusión dos seus fillos e fillas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual.

Moitas familias alertan dunha inexistencia de apoios dentro e fóra das aulas, da falta de compromiso do profesorado, da aplicación dunha pedagoxía estandarizada sen axuste á realidade individual de cada alumno, da carencia de profesorado de apoio… En definitiva, da exclusión dos seus fillos con discapacidade no ámbito educativo.

A necesidade do compromiso de docentes e profesionais da educación

Por iso, desde o Movemento Down pídese ao profesorado e demais profesionais do ámbito da educación que somen esforzos e poñan toda a súa vontade para non deixar desatendido ou apartado a ningún alumno ou alumna pola súa discapacidade. Para Mateo San Segundo, presidente de Down España, que dedicou toda a súa vida á docencia, “non poderemos conseguir unha sociedade aberta, inclusiva e comprometida coa igualdade de oportunidades, se as familias de persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual seguen vivindo con temor e incerteza a inclusión dos seus fillos e fillas nas escolas ordinarias”.

Segundo explica San Segundo, “esta situación é o caldo de cultivo perfecto para que se sigan impoñendo respostas baseadas na separación e na segregación do alumnado en centros de educación especial, pensando equivocadamente que así estarán mellor atendidas. Pensar así é un fracaso, unha agresión ao dereito fundamental dos nenos e nenas a unha educación en igualdade e un atraso social ao que temos que facer fronte dunha vez por todas”.

A preocupante omisión de medios por parte das administracións

Alén diso, o Movemento Down é consciente de que este compromiso debe ir en paralelo ao das administracións públicas, pois a inclusión esixe uns recursos necesarios para que os centros educativos poidan prestar os apoios que necesitan todos os alumnos. Na actualidade, os devanditos medios son, a vista de todos os axentes educativos, insuficientes e pouco planificados.

Para o presidente de Down España, “son as persoas con discapacidade intelectual as que máis poñen a proba o funcionamento do noso sistema educativo, e por tanto o como lles atendemos reflicte un indicador da nosa mellora social. Canto mellor atendamos a diversidade nas nosas aulas, mellor estaremos a aumentar a calidade educativa do noso sistema escolar”.

Un camiño viable co esforzo de todas e todos

Doutra banda, cada día existe un maior número de centros educativos que non se conformaron e que están a implantar sistemas, metodoloxías e enfoques inclusivos na súa docencia, demostrando que si é posible avanzar se se traballa niso con esforzo e determinación. Estes centros enfocan o seu traballo en cada alumno/a e non na súa etiqueta diagnóstica, aumentando as súas expectativas respecto a o que pode facer todo o alumnado, e esforzándose por aumentar a súa formación e a súa calidade docente.

Segundo afirma o presidente de Down España, “as escolas inclusivas estarán máis preparadas para afrontar os desafíos do ensino nas próximas décadas. Quen non estea no cambio, quedará inexorablemente fóra del. Unha sociedade do século XXI esixe escolas que aspiren á formación integral do alumno/a, con independencia das súas características persoais, potenciando sempre as capacidades por encima das discapacidades e os déficit”.

Entradas relacionadas

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}