downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico da actualización do seu convenio colectivo

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico da actualización do seu convenio colectivo

1 Outubro, 2019

» Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico da actualización do seu convenio colectivo

Down Galicia vén de recibir, xunto con outras entidades do ámbito da discapacidade como ASPACE Galicia, Autismo Galicia, COGAMI, FEAFES Galicia e FEGADACE, unha axuda extraordinaria coa que facer fronte ao incremento do gasto de persoal producido pola actualización do convenio colectivo polo que se rexen estas entidades de discapacidade.

A Federación e as citadas organizacións queren agradecer publicamente a culminación, a través da devandita axuda, do proceso de traballo e negociación entre as entidades de discapacidade e a Consellería de Política Social. Grazas á mesma garántese o mantemento dos servizos e programas postos en marcha para a atención ás persoas con discapacidade do noso país.

No mes de xullo publicábase o ‘XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade’, polo que se rexen as relacións laborais da maioría das entidades deste ámbito. O novo documento regulador implica, entre outras novidades, un incremento substancial nas táboas salariais que estaban pendentes de actualización dende o ano 2016, e que se aplica con carácter retroactivo a todas as nóminas correspondentes ao ano 2019.

A publicación desta actualización do convenio chegou nun momento no que os orzamentos das asociacións estaban xa pechados e vinculados á execución de múltiples programas, imposibles de suprimir sen nefastas consecuencias na atención ás persoas con discapacidade de Galicia e as súas familias.

Dada a vinculación destes programas tanto a convenios directos como a contratos de prazas coa Consellería de Política Social, desde Down Galicia e as entidades citadas comezou un proceso de negociación conxunta coa Xunta de Galicia para procurar solucións que garantiran o mantemento de todos os servizos en marcha, así como de todos os postos de traballo.

O resultado coñeceuse este mes de setembro, coa dotación de 1.539.540,95 de euros para ditas federacións dos 3,6 millóns do total da axuda extraordinaria concedida pola Xunta de Galicia. O próximo obxectivo é a consolidación e inclusión desta achega aos diferentes convenios e contratos que a Consellería outorga a estas organizacións, a través dos cales se contribúe ao financiamento dos recursos de atención a persoas con discapacidade.

Entradas relacionadas
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}