Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia apoia ao CERMI na demanda dunha Lei de Inclusión Laboral para reducir o desemprego na discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia apoia ao CERMI na demanda dunha Lei de Inclusión Laboral para reducir o desemprego na discapacidade

15 Outubro, 2019

» Down Galicia apoia ao CERMI na demanda dunha Lei de Inclusión Laboral para reducir o desemprego na discapacidade

O Comité de Representantes das Persoas con Discapacidade (CERMI) dirixiuse nos últimos días aos diferentes partidos políticos para que se comprometan a elevar a taxa de actividade das persoas con discapacidade. Para o organismo, do que forma parte a Federación Down Galicia, o desemprego segue sendo moi elevado entre as persoas con discapacidade, o que xera pobreza, exclusión social e falta de autonomía económica.

Tal e como defende o CERMI e as entidades Down, o modelo legal actual de impulso ao emprego está obsoleto, polo que se necesita unha nova Lei de Inclusión Laboral. Unha norma que sente as bases e reforce as políticas activas de emprego para as dúas próximas décadas e evite así a exclusión laboral do colectivo de persoas con discapacidade.

Neste sentido, o CERMI expón dotar de nova regulación normativa ampla, vigorosa e actualizada ao Emprego Con Apoio (ECA) como unha das modalidades de acceso laboral con máis potencial inclusivo. Ao mesmo tempo, pide fomentar a Formación Profesional Dual como mecanismo de acceso do emprego para as persoas con discapacidade, mellorando as súas capacidades profesionais para obter un emprego de calidade.

A organización, ademais, pon sobre a mesa outras importantes demandas:

– Prohibir que as empresas e entidades que incumpren a cota de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade poidan recibir subvencións

– Aprobar unha lei de impulso do emprendemento para persoas con discapacidade

– Obrigar a que as ferramentas dixitais das empresas sexan accesibles

Accesibilidade cognitiva e educación inclusiva

No ámbito da accesibilidade cognitiva, o CERMI urxe a aprobar unha lei que regule este punto e preserve os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento á autonomía individual e á inclusión na comunidade, fomentando a elaboración de documentos relevantes en lectura fácil, entre outras medidas.

Por outra banda, no ámbito da educación e a formación das persoas con discapacidade, a organización subliña, do mesmo xeito que vén demandando Down Galicia, a relevancia de garantir o dereito á educación inclusiva con todos os apoios que requira cada estudante con discapacidade. Así mesmo, solicita a creación do Centro de Referencia Estatal Universidade/Discapacidade para favorecer o acceso das persoas con discapacidade á formación universitaria, que nos últimos anos veu incrementándose, unha tendencia que debe potenciarse.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}