Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Medra a atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que volta superar o milleiro de accións

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Medra a atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que volta superar o milleiro de accións

22 Outubro, 2019

» Medra a atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que volta superar o milleiro de accións

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.321 accións de orientación para un total de 225 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. Nesta ocasión, contabilizáronse 95 accións de atención personalizada máis que no curso anterior, o que reflicte a tendencia cara un servizo máis dedicado e individualizado. O balance está encadrado entre febreiro de 2018 e xaneiro de 2019, no caso das técnicas de orientación das provincias de A Coruña e Pontevedra, e de agosto de 2018 a agosto de 2019 no caso das provincias de Lugo e Ourense.

As accións de orientación realizadas van encamiñadas a facilitarlle estratexias e recursos axeitados ás persoas inscritas na bolsa de demandantes do Servizo de Orientación de Down Galicia, de xeito que a súa busca activa de emprego sexa máis efectiva. Os grandes grupos de accións de orientación laboral compóñense de itinerarios personalizados de inserción (380 entrevistas), sesións grupais (270) e entrevistas personalizadas (671), co obxectivo de dar resposta ás necesidades dos demandantes de emprego en función do seu perfil profesional. Por outra banda, tamén se manteñen reunións ou entrevistas telefónicas coas familias, chegando a un total de 139 no curso analizado.

O servizo conta con persoal técnico especializado e realiza as súas actuacións nas principais cidades galegas. Para elo, conta con tres orientadoras laborais, que prestan servizo itinerante desde os tres centros de traballo, situados en Santiago de Compostela, Vigo e Ourense, para dar cobertura á provincia de A Coruña -Ferrol, A Coruña, e Compostela-; á provincia de Pontevedra -Pontevedra e Vigo-; e ás provincias de Ourense e Lugo -Ourense, Lugo e Monforte de Lemos-, respectivamente.

O Servizo de Información e Orientación Laboral de Down Galicia é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, tendo competencias en materia de modificación de datos e actualización dos currículos dos demandantes que teñen como centro titor Down Galicia. Este servizo está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}