Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

“O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

“O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

29 Outubro, 2019

» “O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

A Federación Down Galicia organizou na súa sede este pasado sábado 26 de outubro “Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas”, unha xornada didáctica e reflexiva que reuniu a máis de 180 profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia.

A formación, que permitiu a presentación de máis de 12 experiencias profesionais, deixou patente a urxente necesidade dun cambio nas aulas, xa que o sistema actual non está en condicións de dar unha resposta ás necesidades educativas de todo o alumnado. Desta maneira, a escola de hoxe, que deixa de lado ao alumnado con discapacidade ou que non cumpre o estándar e ritmo de aprendizaxe, debe dar paso á que estea constituída por un modelo que acepte os diferentes ritmos e maneiras de aprender de todo os nenos e nenas.

O obxectivo desta formación, homologada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, consistiu en contribuír a unha mellora na sensibilización e formación das persoas participantes na utilización de metodoloxías inclusivas como unha medida de atención e optimización do proceso de inclusión educativa do alumnado. A xornada centrouse nunha ducia de testemuños entre relatorios e mesas redondas, onde destacaron as experiencias dos profesores Antonio Márquez Ordóñez e José Blas García Pérez. Pola súa banda, Carmen Pomar, conselleira de Educación, e Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia foron os encargados de inaugurar o evento.

“O importante é que haxa aprendizaxe, non que che diga a resposta tal e como ti a queres ler”

Antonio Márquez, mestre de Pedagoxía Inclusiva desde hai 13 anos e actual director do proxecto “Aula Desigual”, expuxo, desde un punto de vista práctico e reflexivo, prácticas que fan a aula accesible e participativa a todas e todos os alumnos. O pedagogo andaluz criticou o modelo actual de educación: “Poñer o foco no alumnado ou nos recursos é poñelo no lugar equivocado, o problema é a barreira do sistema e o profesorado, que deben permitir que todas e todos participen”.

Márquez quixo explicar as novas metodoloxías facendo antes un balance da forma máis tradicional e habitual de impartir as aulas baixo unha lexislación pouco inclusiva. “O modelo quedou desfasado. Ponse o foco en cambiar ao neno con apoios, pero non hai que cambiar ao neno. E ás veces, aínda que falten recursos, todo sería máis fácil se se cambiasen cuestións que xeran dificultades como barreiras curriculares, ao non facer as materias flexibles, ou barreiras físicas, cando o separamos nunha aula específica”.

Este problema global, que afecta a todo o alumnado -teña ou non discapacidade-, tamén inflúe no momento da avaliación: “O importante é que haxa aprendizaxe, non que che diga a resposta tal e como ti a queres ler”. O contexto curricular e lexislativo encorsetado e pouco flexible convida, ademais, á desmotivación do alumnado por esculcar e aprender da súa realidade e os seus intereses: “Por que se desmotivan? Por que non tentar cambialo para motivar?”.

“Fanse diagnósticos, adaptacións, dáselles apoio… Incídese en se o alumno ten necesidades educativas especiais. Pero… preguntástesvos se a propia aula ten necesidades educativas especiais? Porque se cadra hai necesidade de ofrecer unha aprendizaxe interactiva, de ter diferentes espazos e ritmos de aprendizaxe, necesidades estruturais como equipos cooperativos, ofrecer alternativas ás explicacións ou que entre un segundo docente… Pero non, isto non se cuestiona, cuestiónanse unicamente as necesidades do alumno ou alumna”, reflexionou Antonio Márquez durante o seu relatorio.

“A escola do futuro só poderá contemplarse se ten unha perspectiva social”

José Blas García, licenciado en Psicopedagoxía e mestre no IES Juan Carlos I de Murcia e tamén asociado na Universidade de Murcia na cal participa no Grupo de Investigación “Escola para Todos”, expresou a súa esperanza nunha “revolución inclusiva” que debe exercer toda a comunidade escolar: “Sabemos e podemos facelo”, apuntou.

“As institucións só falan de orzamentos, da opción de poder elixir o colexio… pero non dun cambio de lexislación”, cuestionou José Blas. O psicopedagogo murciano expón que, mentres as administracións non dan o paso, o gran cambio comece nos propios colexios, acompañando “un movemento de renovación pedagóxica para atender á diversidade, porque a innovación na escola só poderá contemplarse se ten unha perspectiva social”. E é que, “a innovación se non é para todos e todas, é retroceso”, advertiu.

José Blas puxo sobre a mesa o custo de oportunidade que supón o paso do tempo para miles de nenos e nenas que día tras día seguen sendo excluídos mentres o sistema non produce e lexisla o cambio. “O convenio da ONU está asinado, pero as políticas, as culturas e as prácticas aínda non están á vista. Como os responsables educativos atrevémonos, e atrévense, a mirar para outro lado?”, reflexiona. Os políticos “din que nos escoitan e que avalan un cambio do sistema educativo que necesitamos pero, mentres, nenos e nenas quedan excluídos fóra da aula e perden a súa oportunidade”.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}