Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo asina un convenio de prácticas profesionais coa Universidade de Vigo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo asina un convenio de prácticas profesionais coa Universidade de Vigo

7 Novembro, 2019

» Down Vigo asina un convenio de prácticas profesionais coa Universidade de Vigo

Grazas ao convenio asinado este luns entre o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, os membros de Down Vigo poderán realizar prácticas profesionais nos organismos do campus. Ambos amosaron a súa satisfacción por acadar un acordo que lle permitirá aos beneficiarios deste programa de prácticas gañar experiencia no ámbito administrativo e noutros sectores vinculados aos servizos da UVigo.

A duración do convenio será de tres anos, prorrogable por períodos anuais, e agárdase que sente as bases para futuros acordos de colaboración. “A idea é continuar este convenio con outros acordos, pensando, por exemplo, na posibilidade de que se poidan facer prácticas de certas especialidades universitarias”, explicou García Orois.

O presidente de Down Vigo fixo fincapé en que nestes intres a asociación conta con máis de 70 persoas no programa de Emprego Con Apoio e o número de integrantes en programas de formación é tamén moi amplo. “Grazas a este convenio e a moitos outros, así como ao máis que meritorio traballo das persoas da Área de Emprego, estanse logrando resultados extraordinarios”, resaltando neste sentido, que na actualidade hai xa máis de medio cento de persoas traballando, “cos seus correspondentes contratos laborais, algúns incluso indefinidos”.

Prácticas dun mes e que poderán realizarse en diferentes servizos

As prácticas das e dos membros de Down Vigo na universidade serán dun mes de duración e realizaranse nas propias dependencias universitarias. A UVigo comprométese a designar unha persoa que actuará como coordinador do programa e que supervisará a correcta aprendizaxe das persoas beneficiarias e, pola súa banda, Down Vigo facilitará un preparador laboral que será o responsable de formar ao participante na realización das tarefas, desenvolver actividades de comunicación e adaptarse ao ámbito laboral.

Segundo explicou a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, as prácticas levaranse a cabo no Servizo de Deportes, Biblioteca Central, Extensión Universitaria e no SIE -Servizo de Información ao Estudante-. “Hoxe imos realizar unha visita a estes servizos e, se vemos que encaixan, faríanas directamente aí e, se non é así, buscaremos outros postos que se adecúen mellor”, recalcou Caparrini.

A vicerreitora tamén explicou que nos respectivos servizos os alumnos e alumnas estarán titorizados, tanto por unha persoa da propia universidade como por outra de Down Vigo que será quen, “inicialmente”, os apoiará para afacerse coas características do seu novo posto ata que collan certa independencia para, xa logo, “realizarlle un seguimento cada dous ou tres días”, engadiron desde a asociación.

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}