DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Galicia apoia ao CERMI na denuncia das graves situacións de desigualdade e exclusión que sofre a infancia con discapacidade en España

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Galicia apoia ao CERMI na denuncia das graves situacións de desigualdade e exclusión que sofre a infancia con discapacidade en España

A Federación Down Galicia fai seu o manifesto do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) que denuncia que a infancia con discapacidade segue afrontando en España “graves situacións de desigualdade, exclusión e ausencia de benestar, que lastran as posibilidades efectivas de desenvolver e maximizar as súas potencialidades, dispoñendo de condicións para que o libre desenvolvemento da súa personalidade e a súa participación e achega á vida en comunidade sexan unha realidade”.

O manifesto da organización elaborouse con motivo da celebración este 20 de novembro do Día Universal do Neno, cando ademais, cúmprense tres décadas da aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno, tratado internacional de obrigado cumprimento que fai mención expresa á infancia con discapacidade. Así mesmo, a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade insta os estados a garantir a protección dos dereitos desta parte da cidadanía.

En España, segundo a Enquisa sobre Discapacidade, Autonomía Persoal e Situacións de Dependencia, residen ao redor de 130.000 nenas e nenos con discapacidade menores de 15 anos. Esta cifra supón o 2% do total de menores de 15 anos residentes no país.

Reivindicacións baseadas en aplicar a Lei e o Convenio da ONU

Para acabar coa falta de igualdade que segue existindo, pese ao marco legal estatal e internacional, o CERMI e Down Galicia piden mellorar a atención temperá, xa que “os dispositivos públicos de promoción da autonomía persoal a través da atención temperá e o desenvolvemento infantil son precarios, descontinuos e claramente insuficientes, o que incide de modo moi negativo na infancia con discapacidade”.

No manifesto, rógase deixar atrás as “institucionalizacións forzosas” dalgúns menores con discapacidade, incrementando os apoios e sistemas que contribúan a que poidan vivir en comunidade, apostando pola autonomía persoal. Ademais, esíxese garantir o dereito á educación inclusiva do alumnado con discapacidade, garantindo sempre os recursos necesarios para que exista verdadeira igualdade de oportunidades.

Por outra banda, as entidades resaltan que “é inaprazable desterrar do ordenamento xurídico español calquera vestixio favorable ou permisivo coa esterilización forzosa, garantindo ás persoas con discapacidade os seus dereitos, sen diminución nin restricións”. Do mesmo xeito, lembran que esta práctica, que contravén a Convención Internacional da Discapacidade, sófrena principalmente as adolescentes e mozas con discapacidade.

Por último, reclaman garantir o acceso en igualdade de condicións a toda a infancia con discapacidade aos servizos sanitarios; reforzar a loita contra problemas aos que se ven máis expostos os nenos e nenas con discapacidade como é a violencia ou o risco de pobreza; fortalecer o apoio ás familias en cuxo seo residen menores con discapacidade, e garantir que os nenos e nenas con discapacidade poidan participar de maneira activa, cos apoios necesarios, nos procesos de toma de decisións que lles afectan.

Entradas relacionadas
A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
23 Febreiro, 2021
Política Social financia diversos programas de Down Galicia a través da asignación do IRPF
2 Febreiro, 2021
A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
28 Xaneiro, 2021
CERMI Galicia e a Xunta colaborarán para poñer fin á discriminación das mulleres con discapacidade
27 Xaneiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade