Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España presenta a súa nova campaña a favor da educación inclusiva

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España presenta a súa nova campaña a favor da educación inclusiva

26 Novembro, 2019

» Down España presenta a súa nova campaña a favor da educación inclusiva

Este martes presentouse en Madrid a nova campaña ‘Quen é Quen?’ de Down España, cuxo obxectivo é impulsar a educación inclusiva no noso país. Trátase dunha campaña moi emotiva coa que a federación estatal quere alertar sobre a necesidade de mellorar a educación dos nenos e nenas coa síndrome de Down nos colexios ordinarios. Moitos deles están a ser derivados a centros de educación especial ou acoden a colexios onde non reciben os apoios que necesitan, sendo vulnerado así o seu dereito a unha inclusión plena na sociedade, recollido na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU.

O acto de presentación tivo lugar no Colexio Cardeal Spínola de Madrid, un centro educativo pioneiro no modelo de educación inclusiva que acolle a nenos e nenas coa síndrome de Down nos diferentes niveis educativos. Ao mesmo acudiron o presidente de Down España, Mateo San Segundo; o director xeral de Fundación ONCE, José Luis Martínez  Donoso; o director do Colexio Cardeal Spínola, Iván Benito; e o director creativo executivo da axencia Tiempo  BBDO, Tomás Ferrándiz.

Segundo explicou Mateo San Segundo durante a presentación, a campaña ‘Quen é Quen’ así como o resto de accións que se levan a cabo en toda España para impulsar a educación inclusiva son realmente fundamentais, pois “sen unha educación deste tipo non é posible un futuro inclusivo para as persoas coa síndrome de Down”. “Calquera educación debe ser inclusiva, se non, non é educación”, engadiu.

Na mesma liña, Martínez  Donoso explicou como as persoas con discapacidade continúan enfrontándose a barreiras que fan que a inclusión sexa un camiño longo, pero necesario. “A inclusión non é un camiño fácil, pero hai que seguir traballando”, apuntou o presidente de Fundación ONCE.

Pola súa banda, o director do centro no que se rodou a campaña asegurou que “a educación inclusiva está dentro do ideario do Colexio Cardeal Spínola, pois se basea en avais científicos”. “Os mellores profesionais en educación avalan este modelo e os innumerables beneficios desta aprendizaxe heteroxénea. Non existe alumnado con necesidades, senón colexios con barreiras. Hai que eliminalas. Os colexios temos que adaptarnos ao alumnado que temos e non ao revés”, explicou.

 

“A inclusión é un dereito de todos os nenos e nenas”

Ademais, o presidente de Down España fixo público o “Decálogo por unha educación inclusiva de Down España”, un documento que senta as bases dunha educación para todas as persoas e no que se recollen as demandas da Federación neste ámbito. Este decálogo recoñece que a educación inclusiva é un dereito e pide unha educación na que ninguén quede fóra, unha educación que cree sociedades inclusivas, de calidade, que permita que todos e todas progresen. Unha educación en positivo que ensine valores e sexa flexible, que prepare para a vida e permita a mellora constante dos centros e o seu profesorado.

A campaña conta coa colaboración de 50 televisións nacionais, autonómicas e locais: TVE1, La 2, Tele5, Antena 3, FDF, Cuatro, Divinity, Energy, BeMad, Telemadrid, Blaze, Castilla La Mancha TV, EiTB, Canal Extremadura, Lleida TV, Ceuta TV, RTV Canarias, RTCyL, 13 TV, RTV Murcia, Europa Press, EFE TV, Net TV Vocento, Canal 8 Jerez, 7 TV, Correo TV, TV Ferrol, Levante TV, Canal Rías Baixas, IB TV Mallorca, Aragón TV, PTV Córdoba, Canal Málaga, Antequera TV, Calamocha TV, la Tele TV, TV Local Graus, Canal 4 TV, Televisió D´Eivissa I Formentera, Popular TV, Onda Jerez, Soria TV, Localia Televigo, Huesca TV, Teleminho e Canal 25.

Entradas relacionadas

As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva
15 Novembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}