Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

4 Decembro, 2019

» Política Social apoia o proxecto de envellecemento da Federación Down Galicia

A Federación Down Galicia e a Consellería de Política Social veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o que a administración autonómica contribúe ao financiamento das actuacións que a Federación desenvolveu durante o ano 2019 no eido do envellecemento activo.

Este acordo, que achega a Down Galicia cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo a realización dun proxecto de evolución e necesidades no envellecemento das persoas coa síndrome de Down, que está a beneficiar a aqueles membros da Federación en etapa adulta que ben por signos biolóxicos, cognitivos, sociais e/ou persoais están no proceso de envellecemento.

De modo indirecto benefíciase ás familias das persoas usuarias e a unha serie de axentes sociais implicados nas actuacións do proxecto como centros de saúde, servizos de xerontoloxía e xeriatría, etc.

As actuacións desenvoltas durante o período de vixencia do convenio son:

  1. Revisión e actualización bibliográfica.
  2. Estudo de detección de necesidades das persoas adultas coa síndrome de Down a través de dúas vertentes:
    • Valoración do envellecemento das persoas usuarias
    • Aplicación de enquisas
  3. Análise de datos e das necesidades detectadas, a través do que se poderán extraer conclusións sobre temas como a idade na que se comezan a detectar os primeiros signos de deterioro cognitivo, relación entre envellecemento precoz e grao de discapacidade, relación entre envellecemento precoz e traxectoria de vida e relación entre necesidades detectadas polos diferentes grupos de interese.
  1. Elaboración e identificación dun mapa de necesidades.
  2. Establecemento de liñas de actuación e recursos de apoio.

Unha vez obtidas as primeiras conclusións do estudo, será imprescindible darlle unha continuidade a través da identificación dos recursos e apoios que se consideran necesarios para dar resposta á atención das necesidades detectadas e referidas ás persoas coa síndrome de Down.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse de xeito significativo nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento prematuro e máis probabilidade de que este sexa patolóxico. Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores. Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}