DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Lugo participa no programa Buxiganga e representa a súa obra “Soños” por toda a provincia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Lugo participa no programa Buxiganga e representa a súa obra “Soños” por toda a provincia

O grupo de teatro Down Lugo volveu participar, un ano máis, no Programa Buxiganga levado a cabo pola Deputación de Lugo. Trátase dunha iniciativa do executivo provincial para dinamizar a actividade cultural nos distintos municipios e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionados lucenses. É unha forma de facer chegar o teatro a espazos onde, en ocasións, non chega.

Este ano, do mesmo xeito que o pasado, o grupo de teatro representou “Soños”, unha adaptación da famosa obra de William Shakespeare “Soño dunha noite de verán”.

Ao longo de tres meses representaron a obra en tres ocasiones. O día 28 de setembro no comedor do colexio Frei Luís de Granada de Sarria, o 19 de outubro acudiron ao centro sociocultural de Palas de Rei e o 23 de novembro actuaron no colexio de Castroverde.

A participación neste programa supuxo un reto para os membros do grupo de teatro Down Lugo, xa que, nalgunhas ocasións, os escenarios tradicionais cambiáronse por un comedor escolar ou unha sala aberta na que todo está á vista do público en todo momento (cambios de vestiario, colocación,…).

Desde Down Lugo queren agradecer a boa acollida da obra nas tres localidades e desexan poder seguir gozando desta iniciativa nos próximos anos.

Entradas relacionadas
A conselleira de Política Social visita as novas instalacións de Down Lugo
14 Decembro, 2020
Down Lugo pon á venda máscaras para loitar contra a pandemia da COVID-19
13 Novembro, 2020
Un novo emprego para loitar en primeira liña contra a pandemia
5 Novembro, 2020
Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’
8 Outubro, 2020
Aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia
15 Xuño, 2020
Down Lugo busca persoas voluntarias para os seus programas de formación e novas tecnoloxías
28 Febreiro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
  • Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
  • Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade