DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down Coruña pon á venda o seu primeiro calendario solidario

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down Coruña pon á venda o seu primeiro calendario solidario

Coincidindo coa conmemoración do seu 20 aniversario este ano 2020, Down Coruña acaba de poñer á venda o seu primeiro calendario solidario. Con esta iniciativa, a entidade busca achegar á sociedade ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e sensibilizar sobre os conceptos de diversidade e inclusión.

Para ilustrar os doce meses do ano, Down Coruña utilizou algunhas das fotografías da serie “Bailando bajo la lluvia” realizadas pola fotógrafa Ana Amado. Estas instantáneas, protagonizadas por mozos e mozas da asociación, foron finalistas nos Sony World Photography Awards de Londres en 2018.

Manuel Álvarez Esmorís, presidente de Down Coruña, destaca que “este calendario pretende, principalmente, a divulgación e que as persoas que o compren teñan presente durante todo o ano ás persoas coa síndrome de Down”.

Os beneficios obtidos coa venda dos almanaques, que teñen un prezo de 10€, irán destinados integramente aos programas de promoción da autonomía persoal que levan a cabo en Down Coruña e que, actualmente, dan servizo a 108 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e ás súas familias.

En palabras de Álvarez Esmorís, “a súa compra é un donativo á entidade co que levas un calendario de agasallo”.

O calendario pode adquirirse desde inicios deste mes nos dous centros que El Corte Inglés ten na cidade da Coruña (Centro Comercial Marineda City e Rúa Ramón y Cajal) e tamén na tenda Fnac de Praza de Lugo.

Entradas relacionadas
“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”
22 Decembro, 2020
Down Coruña edita o seu Calendario Solidario co desexo dun 2021 cheo de diversidade e inclusión
15 Decembro, 2020
Down Coruña gaña un dos premios de BBVA Asset Management
28 Outubro, 2020
Dúas curtametraxes de Down Coruña entre as finalistas do Diversimacine 2020
18 Setembro, 2020
O proxecto Down Café, un paso máis cerca de converterse en realidade
24 Xullo, 2020
Down Galicia e Down Coruña cancelan os actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down
12 Marzo, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade