DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Distrubuciones Froiz contrata a dúas persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Distrubuciones Froiz contrata a dúas persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

Desde hai xa varios anos, son moitas as empresas da cidade de Pontevedra e da súa comarca que confían no programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”. Un claro exemplo é Distribuciones Froiz, que desde os inicios do programa no ano 2002, contrata ano tras ano a dúas persoas da bolsa de emprego da entidade para a campaña de Nadal.

Durante o último mes, Diego Fontenla e Helga García traballaron como mozos de almacén na empresa, elaborando caixas e cestas de Nadal. Ambos estiveron contratados a xornada parcial e desenvolveron a súas tarefas de luns a venres en horario de mañá.

Esta non era a primeira vez neste posto para Diego, que repite experiencia en Distribuciones Froiz. Como en anos anteriores, durante o mes que durou o contrato, desprazouse diariamente en autobús desde Cuntis para levar a cabo o seu traballo.

Pola súa parte, Helga combinou este contrato temporal co seu traballo indefinido como persoal de limpeza na entidade Arela.

 

Balance anual do programa de emprego de Xuntos

Desde hai xa algúns anos, a bolsa de emprego de Down Pontevedra “Xuntos” está sendo sinónimo de eficacia e é que a totalidade dos seus membros estiveron activos nalgún momento do ano, ben traballando ou ben desenvolvendo unhas prácticas laborais para mellorar as súas habilidades de cara a unha futura inserción máis estable.

O ano que está a punto de rematar amosouse especialmente produtivo en canto a contratacións. 18 das 19 persoas usuarias do programa de Emprego con Apoio da entidade contaron cun contrato de traballo en 2019. Ademais, asináronse 5 conversións a indefinidos e 1 prórroga.

Pero as inquedanzas das persoas integrantes da bolsa de emprego de Xuntos non quedan satisfeitas coa sinatura dun contrato. É por iso que 13 delas están a preparar oposicións na entidade, algunhas de xeito simultáneo ao desempeño dos seus traballos.

Por outra banda, é salientable ó número de empresas colaboradoras neste 2019, sumando nesta ocasión 23 colaboracións.

 

O programa de Emprego con Apoio

Desde o ano 2002, as entidades Down en Galicia desenvolven o servizo de Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos seus compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

O acceso en igualdade de condicións a un posto de traballo segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral das persoas con discapacidade. A participación e a cada vez maior presenza das persoas con discapacidade intelectual nas empresas ordinarias contribúe de xeito eficaz a desterrar os tópicos que tradicionalmente se atribúen a este colectivo, resultando un xeito sumamente eficaz de inclusión social.

Entradas relacionadas
Comeza a vacinación das persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
6 Abril, 2021
A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia
30 Marzo, 2021
Isanimar Seguridad ofrece un novo comezo laboral a David, usuario de Down Vigo
29 Marzo, 2021
As entidades Down de Galicia realizan accións locais para sensibilizar á sociedade no Día Mundial da Síndrome de Down
24 Marzo, 2021
As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70
12 Marzo, 2021
Down Galicia edita un libro de Os Bolechas para fomentar a inclusión entre a infancia
12 Marzo, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social
  • Comeza a vacinación das persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade