Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España espera un maior compromiso do novo goberno coas persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España espera un maior compromiso do novo goberno coas persoas coa síndrome de Down

10 Xaneiro, 2020

» Down España espera un maior compromiso do novo goberno coas persoas coa síndrome de Down

Down España celebra a constitución dun novo Goberno en España e a existencia dunha vicepresidencia social que permita que a discapacidade poida chegar a ser unha política prioritaria. Nesta liña, a federación estatal pide que se expoñan varias accións prioritarias que amosen un maior compromiso coas persoas coa síndrome de Down do noso país.

Principalmente, solicitan ao novo Executivo que desenvolva decididamente o cambio necesario na Lei de Educación para que comece a súa transformación cara a un sistema escolar de tipo inclusivo, xa que se pode construír unha escola en igualdade que atenda  con eficacia e calidade ás persoas con síndrome de Down do noso país. Para iso, o compromiso político é fundamental.

Doutra banda, consideran necesaria a mellora e a regulación, a extensión e o apoio económico ao Emprego con Apoio (inserción laboral de persoas con discapacidade en contorna ordinaria), evitando así as limitacións que leva consigo a inserción laboral en contornas protexidas e  segregadas (centros especiais de emprego). Ata hoxe, este foi o modelo prioritario para a atención laboral ás persoas coa síndrome de Down en España, e en tres décadas, só se conseguiu que unha minoría delas exerzan un traballo. É posible cambiar esta realidade e conseguir que unha maioría dos mozos e mozas adultas coa síndrome de Down teñan un papel laboral activo.

Down España solicita tamén que se empece a dedicar financiamento e recursos á investigación da síndrome de Down no noso país (Alzheimer, cancro, enfermidades  autoinmunes,…) e deixar así de ser un dos países desenvoltos con mellor calidade e esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down e con menor financiamento orientado á investigación desta discapacidade.

Por último, e tendo en conta que as mulleres con discapacidade sofren unha dobre discriminación (unha por ser muller e outra pola súa condición), o Goberno debe traballar en eliminar a devandita realidade a través de medidas e políticas que fomenten a verdadeira inclusión das mulleres coa síndrome de Down.

Down España considera básicas estas liñas de actuación para seguir avanzando na inclusión das persoas coa síndrome de Down do noso país en todos os ámbitos e etapas das súas vidas, así como para garantir os seus dereitos e os das súas familias. Por iso, póñense ao dispor do novo Goberno para traballar xuntos naquelas políticas que avalen e apoien unha mellora da calidade de vida das persoas que forman parte do colectivo.

Entradas relacionadas

Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down
18 Setembro, 2023
Aberto o prazo de inscrición do Encontro Nacional de Familias de persoas coa síndrome de Down
26 Xuño, 2023
Aberto o prazo de inscrición para o próximo Encontro Nacional de Irmáns de persoas coa síndrome de Down de Down España
19 Abril, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}