DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

BBVA colabora na promoción da vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» BBVA colabora na promoción da vida autónoma e independente das persoas coa síndrome de Down

Cunha achega de 6.000 euros, a entidade bancaria BBVA apoiou durante o pasado ano 2019 o proxecto “Autonomía e Vida Independente para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” de Down Galicia. Esta axuda enmárcase na última edición de Territorios Solidarios, que BBVA convocou coa finalidade de colaborar coas entidades non lucrativas a conseguir un futuro mellor para todas as persoas.

Grazas a esta colaboración, 252 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais maiores de 16 anos contaron cunha serie de apoios encamiñados a capacitalas para vivir de forma autónoma e independente fóra do fogar familiar. En canto á distribución por localidades, foron 13 as persoas beneficiarias na zona de Santiago de Compostela, 26 na Coruña, 3 en Ferrol, 28 en Lugo, 19 en Ourense, 65 en Pontevedra e 98 en Vigo.

O obxectivo principal deste proxecto é favorecer nas persoas participantes o desenvolvemento daqueles recursos e habilidades que contribúan á súa vida autónoma, independente e auto-xestionada no propio fogar e na comunidade na que se desenvolven. Así, realizáronse actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a responsabilidade, a autoestima, a autodeterminación, a responsabilidade no fogar, a xestión económica e as habilidades sociais e persoais necesarias para promover a toma de decisións e a capacidade para decidir como, cando e con quen quere vivir cada persoa.

O proxecto de autonomía e vida independente de Down Galicia levouse a cabo nas localidades nas que a Federación ten os seus centros de traballo e que están situados nas 7 principais cidades de Galicia: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Pero tamén nas localidades nas que viven as persoas destinatarias deste proxecto ou nas que foi necesario realizar tarefas de adestramento en autonomía, estendéndose o radio de actuación a case 60 municipios galegos.

Entradas relacionadas
A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia
30 Marzo, 2021
As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos e piden respecto para as súas decisións no Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2021
A Xunta apoia o Día Mundial iluminando coa cariña Down os momumentos máis emblemáticos de Galicia
18 Marzo, 2021
O Movemento Down en Galicia organiza un acto virtual para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down
17 Marzo, 2021
Pon calcetíns desparellos e reivindica o valor da diversidade!
16 Marzo, 2021
As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70
12 Marzo, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social
  • Comeza a vacinación das persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade