Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Lugo inicia as actividades anuais do seu programa de Vida Independente

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Lugo inicia as actividades anuais do seu programa de Vida Independente

29 Xaneiro, 2020

» Down Lugo inicia as actividades anuais do seu programa de Vida Independente

Down Lugo empeza o 2020 reivindicando a autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Faino a través do seu Programa de Vida Independente, no que actualmente participan 31 persoas pertencentes á asociación.

A vida independente é un dereito fundamental para calquera persoa e é por iso que se debe permitir ás persoas con diversidade funcional gozar dela. Desde este programa dáselles a oportunidade de vivir unha experiencia de emancipación temporal, ofrecéndolles formación, orientación e apoio e fomentando as súas habilidades e capacidades para que leven unha vida independente, autónoma e autoxestionada.

Todas as persoas que forman parte do programa contan con unha hora semanal dedicada a preparar aspectos relacionados coa vida independente: alimentación saudable, hábitos de hixiene, control de gastos, rutinas horarias, etc. Ademais, ao longo do ano gozan de tres estancias na vivenda que ten a asociación, que se organizan atendendo ao seu nivel de autonomía, á súa idade e a se se atopan ou non escolarizadas. Deste xeito, existen tres modalidades diferentes:

  1. Fin de semana: de venres pola tarde a domingo pola tarde.
  2. Tres días por semana: de mércores ao mediodía a venres pola tarde.
  3. Semana completa: de luns a venres.

Durante estas estancias, as persoas participantes son as encargadas de realizar as tarefas domésticas, planificar o menú semanal, xestionar o seu tempo, utilizar os recursos comunitarios (bus urbano, supermercado, cafetería, biblioteca, etc.), á vez que se lle dá especial importancia á convivencia e á creación de relacións sociais. A cantidade de apoios prestados polos e polas profesionais varía en función das súas necesidades e das características do grupo.

A pasada semana deu comezo o primeiro período de estancias deste 2020, que se alongará ata o mes de abril. De abril a xuño terá lugar o segundo período e o terceiro, e último, será no mes de setembro.

Entradas relacionadas

Un verán cheo de actividades para os mozos e mozas de Down Lugo
4 Setembro, 2023
Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Down Lugo e CPR Inmaculada Maristas de Lugo apostan pola inclusión educativa
28 Xullo, 2023
Magníficos resultados dos mozos e mozas de entidades Down nas probas de Competencias Clave
26 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo visitan a comarca do Barbanza para dar comezo ao verán
12 Xullo, 2023
Mozos e mozas de Down Lugo e Down Ourense comparten unha xornada de ocio na capital lucense
12 Xuño, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}