A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, subvencionou con 176.670€ a contratación de varias persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2018-2019 para cubrir 10 postos de carácter técnico en varios dos centros de traballo da Federación Down Galicia.
Mediante estas contratacións, unha a xornada completa por un período de 9 meses e as restantes a xornada parcial durante un ano, deuse cobertura a diferentes áreas e programas que conforman o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual (SEPAP). Nesta ocasión, os programas nos que o persoal contratado foron “Coordinación, administración e xestión do SEPAP”, “Servizo de promoción da autonomía persoal”, “Inclusión social”, “Emprego con apoio”, “Comunicación e inclusión educativa”, “Participación social e vida autónoma e independente”, “Formación para o emprego”, “Vida adulta”, “Familias” e “Ocio e vida autónoma”.
O servizo de Promoción da Autonomía Persoal de Down Galicia céntrase en proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais os recursos adecuados que permitan a súa participación na comunidade da forma máis autónoma e independente posible, mediante o fortalecemento dos seus propios recursos e o adestramento da súa autonomía persoal.