Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Consellería de Política Social colabora con varios programas de Down Galicia a través do IRPF

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Consellería de Política Social colabora con varios programas de Down Galicia a través do IRPF

11 Febreiro, 2020

» A Consellería de Política Social colabora con varios programas de Down Galicia a través do IRPF

A través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), a Consellería de Política Social financia parte dos programas de familias e envellecemento que Down Galicia leva a cabo en todo o territorio galego, así como parte das inversións en equipamento e acondicionamento dos centros de traballo da Federación.

Desta forma, o “Programa Autonómico de Apoio a Familias de Persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais” e o “Programa Autonómico de Apoio e Intervención no proceso de envellecemento de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais” contan con sendas contribucións de 55.844,00€ e 53.186,77€, respectivamente.

Gracias á primeira das achegas, preto de 700 familias de máis de 100 concellos de toda Galicia beneficiáronse durante o ano 2019 das diversas actuacións levadas a cabo ao abeiro deste proxecto: información e orientación, formación continuada, apoio especializado, respiro familiar, coordinación autonómica, etc.

A intervención no ámbito familiar é prioritaria para a Federación Down Galicia ao entender que a familia é o activo máis importante para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O seu obxectivo é a busca o equilibrio e a creación dun clima afectivo relaxado e normalizado que contribúa ao adecuado desenvolvemento da persoa usuaria.

Por outra banda, o programa de envellecemento, que en 2019 beneficiou a 94 persoas usuarias, ten por obxectivo principal promover o envellecemento activo nas persoas adultas dependentes coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual, asegurándolles maiores oportunidades de incrementar, manter e actualizar aquelas competencias que fomenten a súa calidade de vida.

Así mesmo, a Federación Down Galicia contou cunha achega total de 43.310,58€ para levar a cabo varios proxectos de adquisición de equipamento para os seus centros de traballo e varias obras de acondicionamento nas propias entidades membro. Deste xeito, Down Lugo comezou as obras de ampliación e acondicionamento do seu novo local, Teima Down Ferrol mellorou a iluminación das súas instalacións e Down Coruña acondicionou unha das súas salas de traballo. Down Vigo, Down Pontevedra Xuntos e Down Compostela adquiriron equipamento informático para o Servizo de Promoción da Autonomía Persoal, mentres que a Federación renovou o seu equipamento tecnolóxico para continuar levando a cabo o seu traballo diario.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}