Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020

6 Marzo, 2020

» A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020

A Fundación Down Compostela acordou recoñecer o traballo que veñen realizando a doutora María José Fernández Seara, o artista Xurxo Martiño e a empresa Emetel Sistema concedéndolles os Premios Down Compostela 2020 pola súa implicación na mellora da saúde das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades ou enfermidades, por promover a expresión artística das persoas con trisomía 21 e por favorecer a súa inclusión laboral no campo das novas tecnoloxías.

Os galardóns entregaranse o próximo día 20, na gala que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos e no que as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual volverán ser as protagonistas, xa que presentarán aos premiados e entregaranlles a escultura de Cándido Pazos que simboliza estes premios, que celebran xa a súa novena edición. O acto comezará ás 20.30 horas para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra ao día seguinte tras a decisión da ONU de dedicar o 21-3 ás persoas con Trisomía 21 desde o ano 2012.

 

PREMIADOS 2020

A Comisión Executiva da Fundación DOWN COMPOSTELA aprobou por unanimidade a proposta para conceder os galardóns deste ano a:

Doutora María José Fernández Seara

Pola súa contribución a mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e outras discapacidades. A doutora Seara, neonatóloga no Complexo Hospitalario de Santiago, implantou en 2002 o Protocolo de seguimento da saúde de nenas e nenos son Síndrome de Down desde o seu nacemento, seguindo as recomendacións do Programa de Saúde de Down España. Un programa de medicina preventivo que, máis aló dos coidados médicos, deriva aos nenos e nenas aos servizos de Atención Temperá e coordina a atención con outros especialistas.

Xurxo Martiño

Por pór toda a súa creatividade e saber artístico a disposición de mozas e mozos con Síndrome de Down, que atopan na pintura unha forma de realización e superación persoal. Fai case vinte anos que Xurxo Martiño traballa con Carla Lojo e Álvaro Díez, dous mozos de Down Compostela artistas xa recoñecidos e premiados. A través da pintura, axudoulles a ser eles mesmos como persoas e como artistas, cada cal coa súa particular forma de ver, plasmar e interpretar o mundo que lles rodea.

Emetel Sistemas SL

Pola súa aposta en favor da integración laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual no campo das altas tecnoloxías, a ciberseguridade e os servizos dixitais. Desde 2014 está consultora con sede social en Oleiros desenvolve un programa de responsabilidade social empresarial que facilitou en 2018 a contratación de Carlota Rodríguez, unha moza da Fundación que desenvolve a súa carreira profesional en Emetel con plena satisfacción por ambas as partes.

 

Cada un dos premiados recibirá unha escultura do artista compostelán Cándido Pazos feita especialmente para representar estes galardóns: unha man montada sobre unha base de cuarzo do Pico Sacro. “A man é a máxima expresión do ser humano”, sinala o artista, quen utilizou as cores corporativas da Fundación (azul, amarelo e gris) para esmaltar as pezas. Coas mans, Cándido Pazos pretende simbolizar o apoio que os premiados deron ás persoas con Síndrome de Down e a recompensa que recibiron por iso.

 

Galardoados en edicións anteriores dos Premios Down Compostela

Na primeira edición dos Premios Down Compostela, celebrada en 2012, foron galardoados o Concello de Santiago, a empresaria Sofía Cebro e Xullo Castro Marcote, director do Hostal dos Reis Católicos. En 2013, os II Premios Down Compostela foron entregados ao CIEP Pérez Viondi da Estrada, Pizza Móvil e BBVA. Os galardoados en 2014 foron María García Quintas, a Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Cacheiras (Teo), e a farmacéutica Keramat (Milladoiro, Ames).

En 2015 recibiron os Premios Down Compostela o catedrático de Estomatoloxía da USC Pedro Diz Deus, o Instituto As Fontiñas e Limpezas Salgado. En 2016 os galardoados foron o Concello de Rianxo, Leroy Merlín e José Antonio Rei. En 2017 foron entregados á ex directora do BBVA, Carmen Barbeito, o colexio Divino Maestro de Santiago e a empresa XADE (que xestiona o Multiusos Fontes de Sar e Santa Isabel).

Os premios DOWN COMPOSTELA de 2018 recaeron no Colexio A nosa Señora do Rosario de Arzúa (colexio Atocha), a empresa Cafento, a directora do Centro Institucións Galicia de Caixabank, María Jesús García Piñeiro, e a voluntaria Malena González Barreiro. En 2019 a Fundación premiou a Lourdes González-Laganá e Mar Caamaño; a Vero Fenda, a escola infantil municipal de Meixonfrío e á empresa Universo Milongas.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Down Ourense conmemora o Día Mundial da síndrome de Down nas rúas da cidade
22 Marzo, 2022
Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}