Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España organiza un ciclo de conferencias para familias de persoas coa síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España organiza un ciclo de conferencias para familias de persoas coa síndrome de Down

25 Marzo, 2020

» Down España organiza un ciclo de conferencias para familias de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down España, tendo en conta a situación que estamos a vivir debido á crise provocada pola epidemia do coronavirus, quere colaborar no posible ofrecendo ás familias de persoas coa síndrome de Down consellos, orientacións e información relevante sobre diversas áreas.

Para iso, organizaron unha serie de conferencias en liña nas que diferentes expertos e expertas abordarán temas relevantes en relación á saúde, á educación, á atención temperá, á xerontoloxía, á vida independente, etc.

Ademais de seguir as conferencias, as familias participantes poderán realizar preguntas ao experto ou experta en cuestión, a través do chat aberto, preguntando en directo ou enviando as súas consultas con antelación.

Está previsto que as sesións se celebren, en principio, cada xoves pola tarde e que non se estendan máis dunha hora, aínda que poderá haber modificacións. As charlas, ás que inicialmente poderán apuntarse 500 persoas como máximo, realizaranse a través do sistema de videoconferencias ‘Zoom’, similar a  Skype, pero con maior capacidade.

Para acceder á charla, simplemente haberá que facer click na ligazón que Down Galicia e Down España publicarán nas súas redes sociais. Esta ligazón leva a un cadro de diálogo no que se pregunta á persoa usuaria se quere permitir a instalación de Zoom (leva uns segundos) e, a continuación, abrirase a pantalla coa conferencia. Poderase acceder desde calquera punto cun computador e boa conexión a Internet.

 

Próximas Conferencias Down

Saúde: «Conversacións sobre Síndrome de Down e Coronavirus»
26 de marzo. 19:00 horas.

O doutor Pepe Borrel ofrecerá unha charla sobre os aspectos que máis poden preocupar ás familias, mesmo aos sanitarios, sobre o coronavirus e a síndrome de Down. Repasaranse os datos e coñecemento actual do que temos constancia a día de hoxe.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/2WUrQmt

 

Atención temperá: «Xogos en Familia»
2 de abril. 19:00 horas.

A experta nesta área, Sonsoles Perpiñán, realizará a xornada sobre a importancia do xogo en familia. Destinada a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/34FpUQz

 

Xestión do estrés: «Cómo superar o medo e a ansiedade: aprender a pensar en positivo e xestionar o estrés»
7 de abril. 18:00 horas.

Paz Gómez Ferrer, coñecida polo seu traballo como psicóloga no programa La Voz Kids, orientaranos para mellorar a nosa resposta cando aparezan emocións como o medo e o estrés.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/2Vt3JsC

 

Vida Adulta: «Manterse motivado en tempos difíciles»
8 de abril. 19:00 horas.

O xerontólogo Gonzalo Berzosa falará sobre a importancia da motivación en familia para persoas adultas e maiores coa síndrome de Down.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/2V5D0TU

 

Saúde: «Reflexións durante o confinamento para manterse estable emocionalmente»
16 de abril. 19:00 horas.

A psicóloga da Fundación Catalana Síndrome de Down, Beatriz Garvía, falará das claves para manter a estabilidade emocional durante o confinamento pola emerxencia sanitaria.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/3fjv75k

 

Sociedad: «Proxecto Mulleres con Valor»
23 de abril. 19:00 horas.

Agustín Huete, profesor de socioloxía da Universidade de Salamanca, falará da realidade das mulleres coa síndrome de Down en España.
Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/3b2Cue6

 

Educación: «Novo curso escolar. Claves para as familias»
30 de abril. 19:00 horas.

A pedagoga e experta en educación, Ana Belén Rodríguez, impartirá unha sesión sobre os beneficios da educación inclusiva e consellos fronte ao novo curso.

Ligazón para volver a ver a charla: https://bit.ly/2WqcFPY

Entradas relacionadas

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}