Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A X Solidaria chegará este ano aos balcóns e xanelas de toda Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A X Solidaria chegará este ano aos balcóns e xanelas de toda Galicia

1 Abril, 2020

» A X Solidaria chegará este ano aos balcóns e xanelas de toda Galicia

Hoxe dá comezo o prazo para presentar a Declaración da Renda. Co IRPF comeza tamén a “X Solidaria”, unha campaña que nace das entidades sociais para animar a todos e todas as contribuíntes a marcar na súa Declaración da Renda o recadro de “Fins Sociais” (o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”).

A Administración permite ás persoas contribuíntes a posibilidade de decidir a que queren destinar un 0,7% do diñeiro que se recada cos seus impostos. Uns fondos que se destinan integramente a realizar programas que beneficien ás persoas en exclusión social ou pobreza a través de organizacións de acción social.

En Galicia, a campaña recadou no 2019 17.463.833 €, grazas as 716.201 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. 14.564 persoas máis que no 2018, o que permitiu recadar 956.620 € máis.

Aínda así, 604.246 contribuíntes seguen sen marcar a X Solidaria.  Se o fixeran, a asignación final en Galicia sería de 29.483.834 € (12.020.001 € máis).

 

Das X nas prazas ás X nas casas

Nestes días, profesionais e voluntarias de moitas ONG están a prestar un servizo esencial na loita contra o COVID-19 e seguirano facendo cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Un traballo que é posible, en gran parte, grazas a aquelas persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración da Renda.

Con motivo das especiais circunstancias que estamos a vivir este ano, as entidades sociais queren animar a toda a cidadanía a que dende o 2 de abril enchan as redes sociais, as xanelas e os balcóns das súas vivendas con carteis animando a marcar a X Solidaria, para despois subir unha foto ás redes coas etiquetas #XSolidaria e #1MillonDeRazones.

Unha iniciativa que servirá para expresar todo o que se pode conseguir marcando a X Solidaria ao tempo que se pon en valor o traballo de miles de persoas que traballan ou son voluntarias en organizacións de acción social.

 

Asegurar o   para as persoas

As redes e organizacións que impulsamos esta campaña, cremos fundamental  manter a  filosofía destes fondos de acción social que dende hai dous anos xestiona a Xunta de Galicia.

Evitar a dispersión e a burocracia a través a través da xestión dos fondos por un único departamento, a Consellería de Política Social, e seguir garantindo que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha e, sobre todo, dar continuidade aos programas.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}