Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Preto de 180 persoas de entidades Down de Galicia traballaron en empresas da súa contorna en 2019

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Preto de 180 persoas de entidades Down de Galicia traballaron en empresas da súa contorna en 2019

30 Abril, 2020

» Preto de 180 persoas de entidades Down de Galicia traballaron en empresas da súa contorna en 2019

Un total de 177 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2019. Este dato constata a mellora na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que o número total de persoas usuarias do servizo que contaron cunha oportunidade laboral creceu un 23% con respecto ao mesmo período do ano anterior, elevando así a 6 os anos nos que este número vai en aumento.

Aínda así, soamente o 72,5% das persoas que conforman a bolsa de emprego de Down Galicia tiveron acceso a un posto de traballo neste período. Este baixo porcentaxe vén dado polo elevado número de participantes no programa, que nesta ocasión ascendeu ás 244 persoas usuarias, deixando constancia da importancia que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais lle outorgan a ter un emprego. E é que a inclusión laboral contribúe de xeito eficaz a eliminar os tópicos que tradicionalmente se lle atribúen a este colectivo, sendo ademais unha moi boa maneira de que as persoas con discapacidade teñan unha imaxe máis positiva e útil de si mesmos.

A través destas contratacións, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como masaxista, dependente, recepcionista, conserxe, auxiliar de farmacia, operario de fábrica ou camareiro, entre moitos outros.

En canto á distribución por localidades, obsérvase que foron 65 persoas as que traballaron neste 2019 na zona de Vigo, 23 en Ourense, 20 en A Coruña, 18 nas áreas de Compostela e de Pontevedra, 17 en Lugo e 16 na zona de Ferrolterra, mellorando as cifras con respecto ao ano anterior en tódalas localidades e demostrando deste xeito a utilidade e a aceptación desta metodoloxía entre o tecido empresarial privado.

Non obstante, o principal escollo para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a inestabilidade e a temporalidade nas contratacións. Así, as 177 persoas que tiveron unha oportunidade laboral durante o pasado ano contaron cun total de 206 contratos, o que pon de manifesto a curta duración das contratacións en moitos dos casos.

Como contrapartida figuran as prórrogas dos contratos e as transformacións dos mesmos en indefinidos, que se elevan a 17 e a 16 respectivamente, o que demostra o bo facer dos traballadores e traballadoras nos seus postos de traballo.

Destaca tamén o elevado número de prácticas formativas realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia (67), coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais. Sumando contratos e prácticas, case o 82% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia contaron con unha oportunidade no eido laboral o pasado ano.

Sen embargo, aínda que se constata que os datos seguen unha tendencia ascendente desde hai uns anos, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria.

 

Acceso ao Emprego Público

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado mes de febreiro a adxudicación de prazas, reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual, na categoría de celador/a. Unha delas será para Carmen Brage Eibe, unha muller con discapacidade intelectual membro de Teima Down Ferrol, que se amosa “moi contenta e con moitas ganas de empezar”.

Comezou a preparase hai dous anos e, aínda que ao principio tiña as súas dúbidas de se sería capaz de superar un proceso selectivo destas características, con constancia e traballo deixou patente que si. Durante meses, co esforzo por bandeira, Carmen dedicou moitas horas do seu día a día ao estudo desta oposición.

“Aínda non mo creo, ata que comece e me vexa no allo…”, comenta con felicidade. “Non o esperaba, porque todo o mundo dicía que había xente que levaba preparándose 7 ou 8 anos, pero despois de facer o primeiro exame vin que tiña posibilidades”.

Por outra banda, o pasado ano tivo lugar tamén o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, destinado tamén a persoas con discapacidade intelectual. Nesta ocasión, ningunha persoa usuaria das entidades Down de Galicia acadou unha praza, salientando todas elas a dificultade do exercicio formulado.

Cada ano son máis as persoas usuarias de entidades Down interesadas en participar nestes procesos selectivos. Todas elas pasan meses, ou incluso anos, preparándose e esforzándose ao máximo, evidenciando deste xeito o interese do colectivo polo acceso ao mercado laboral.

O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia.

 

A metodoloxía Emprego con Apoio

Desde hai case 20 anos, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un posto, contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que o traballador ou traballadora poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de xeito positivo e natural.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}