DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

As organizacións de loita contra a pobreza reclaman ‘Renda Mínima Si: Pon os teus prexuízos en corentena”

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» As organizacións de loita contra a pobreza reclaman ‘Renda Mínima Si: Pon os teus prexuízos en corentena”

Centenares de organizacións de loita contra a pobreza e a exclusión de toda España, integradas nas redes autonómicas de EAPN e en EAPN España, xunto con outras organizacións e plataformas aliadas, lanzan a campaña ‘Renda Mínima Si’: Pon os teus prexuízos en corentena’ para eliminar os prexuízos asociados á implantación dunha renda mínima en xeral, como as que existen xa na maioría de comunidades autónomas, pero en especial ante a indispensable necesidade de posta en marcha dunha renda mínima estatal.

Como se leva reclamando dende hai máis dunha década, as organizacións que participan na campaña defenden que dispor dunha renda mínima digna debe ser un dereito subxectivo das persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade.

A renda mínima estatal debe ser un instrumento áxil, accesible e compatible cos sistemas autonómicos xa existentes, que permita eliminar a pobreza severa, reducir a pobreza relativa e, xunto con outros instrumentos, eliminar a pobreza infantil, asegurar unha vivenda digna e incrementar a inclusión social. Todo isto, sen supoñer unha maior carga burocrática e paliando a heteroxeneidade actual que ocasiona grandes desigualdades entre persoas de diferentes Comunidades Autónomas.

A campaña, coordinada dende EAPN Galicia, pretende rachar co interesado discurso aporofóbico e imaxes estereotipadas sobre a realidade das persoas perceptoras de rendas mínimas.

A renda mínima estatal permitirá non só loitar contra a pobreza severa, senón que supón tamén unha medida imprescindible para o desenvolvemento económico e a saída da crise provocada pola COVID-19, xa que os fondos permitirán ás persoas mercar alimentos ou pagar suministros e outros servizos básicos reactivando a economía local e de barrio, beneficiando a toda a comunidade e aportando maior dignidade para aquelas se atopan en situación de vulnerabilidade.

Antes desta crise, en España, había 600.000 fogares sen ingresos de ningún tipo e 2,5 millóns de persoas vivían en situación de pobreza severa (con menos de 370€ ao mes). A exclusión social e a desigualdade son problemas profundos e multidimensionais, que requiren dunha acción política decidida para ser erradicadas.

Neste contexto, unha renda mínima estatal non é unicamente un instrumento de xustiza social, senón de intelixencia económica, que beneficia ao conxunto da poboación e asegura a creación de emprego non precario.

Por iso, dende EAPN convidamos a que organizacións de acción social, culturais, veciñais, deportivas, profesionais, sindicais, empresariais, movementos cidadáns e de calquera outra índole se adhiran ao manifesto #RendaMínimaSi: Pon os teus prexuízos en corentena, en defensa dun modelo de renda mínima estatal como dereito subxectivo que dignifique as condicións de vida das persoas que se atopan con maiores dificultades.

 

Máis información e adhesión de organizacións á campaña:
https://participacionsocial.org/renta-minima-si

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade
18 Decembro, 2020
O movemento CERMI esixe que as persoas con discapacidade estean presentes na reconstrución social e económica trala pandemia
3 Decembro, 2020
CERMI Galicia elixe a Luciano Fernández como novo presidente
1 Decembro, 2020
Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19
27 Novembro, 2020
CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia
20 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade