Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

27 Maio, 2020

» Fundación Inocente Inocente aposta por unha escola inclusiva e de calidade

Mediante unha achega de 15.000 euros, a Fundación Inocente Inocente colaborou durante o pasado curso escolar co proxecto de Down Galicia “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”. Esta axuda enmárcase na Convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais desta fundación privada.

Grazas a esta colaboración, 144 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de 119 centros educativos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia contaron cunha serie de apoios encamiñados a alcanzar o maior grao de desenvolvemento e autonomía posible a través da dinamización de experiencias educativas de calidade nos seus anos de escolarización.

O obxectivo principal deste proxecto é promover e facilitar, de forma coordinada cos centros educativos, a inclusión escolar do alumnado con discapacidade intelectual na escola ordinaria, potenciando ao máximo o seu desenvolvemento cognitivo, social e persoal a través de recursos e metodoloxías educativas optimizadoras dos procesos de aprendizaxe.

As limitacións dunha persoa convértense en discapacidade como consecuencia da súa interacción cun ambiente que presenta barreiras e non ofrece apoios para reducir as súas limitacións funcionais. Por tanto, se unha persoa se desenvolve nun ambiente libre de barreiras e cos apoios que necesita, as súas capacidades desenvolveranse máis e serán cada vez máis operativas.

A inclusión na escola ordinaria é a vía e o medio máis adecuado para alcanzar o desenvolvemento persoal, formativo, psicolóxico e social das persoas e, máis especialmente, daquelas que teñen algunha discapacidade. Unha educación inclusiva debe garantir a todo o alumnado o acceso a unha cultura ordinaria que lles achegue unha capacitación e formación básica para a vida. Trátase dunha escola que non pon requisitos de entrada nin mecanismos de selección ou discriminación de ningún tipo, para facer realmente efectivos os dereitos á educación, á igualdade de oportunidades e á participación.

 

En primeira persoa

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e  Mila Melio, nai dun mozo coa síndrome de Down escolarizado nunha escola ordinaria, cóntannos a través das seguintes entrevistas, a importancia dunha educación inclusiva.

Accede aquí á entrevista de  Delmiro Prieto.

Accede aquí á entrevista de  Mila Melio.

Entradas relacionadas

Down Lugo leva a escola inclusiva a un centro educativo en Alfoz
13 Xuño, 2022
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}