DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down España pide ao Ministerio de Dereitos Sociais que non recorte as axudas ao Terceiro Sector nun momento de extrema vulnerabilidade

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down España pide ao Ministerio de Dereitos Sociais que non recorte as axudas ao Terceiro Sector nun momento de extrema vulnerabilidade

Down España únese ás peticións que a Plataforma do Terceiro Sector e o CERMI fixeron ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, para que rectifique de inmediato a súa decisión de recortar o apoio económico público ao Terceiro Sector de Acción Social de ámbito estatal, nun momento de extrema vulnerabilidade para estes colectivos motivada pola COVID-19.

Estas peticións prodúcense tras comunicar a Secretaría de Estado de Dereitos Sociais ao Terceiro Sector a súa intención de reducir substancialmente o tramo estatal da recadación do 0,7% do IRPF de interese social -vía principal de financiamento das organizacións sociais non lucrativas de ámbito estatal- e de non dedicar, como esixe a súa Lei reguladora de 2018, a recadación do 0,7 % do Imposto de Sociedades a fins exclusivamente sociais.

Down España non entende que o sector de acción social, que inclúe ao sector da discapacidade, sexa o que incomprensiblemente sufra un maior impacto nos recortes. Esta diminución nos recursos a colectivos que sufriron especialmente os efectos da pandemia, traerá consigo irremediablemente uns efectos moi prexudiciais para as persoas con discapacidade e as súas familias a curto prazo, que tamén serán patentes no medio e longo prazo. Esta decisión é canto menos cuestionable na medida en que as nosas organizacións se converteron nun axente imprescindible para tratar de atallar o impacto social da pandemia.

Sorprende tamén que se reduzan drasticamente fondos financeiros xa consolidados, algúns comprometidos desde 2018, pero non executados, como os derivados do 0,7% do Imposto de Sociedades, que compensaban a perda de recursos tras a derivación de boa parte dos mesmos ás Comunidades Autónomas. A situación é aínda máis grave se temos en conta que o Terceiro Sector de Acción Social é o único que non recibiu ningún tipo de axuda pública adicional como consecuencia da pandemia, sendo esta crise ademais eminentemente social.

É por iso que Down España pide ao Ministerio que reconsidere a súa postura e apoie con recursos económicos ás entidades sociais estatais nestas circunstancias excepcionais que provocaron a maior crise económica e social vivida por España na súa historia recente.

Entradas relacionadas
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’
11 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
Down España organiza unha xornada sobre educación inclusiva con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
30 Novembro, 2020
Éxito de participación no 20º Encontro de Familias de Down España
23 Novembro, 2020
Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana
16 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade