DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

A lei establecerá por primeira vez o dereito e a obriga á Atención Temperá

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» A lei establecerá por primeira vez o dereito e a obriga á Atención Temperá

Este martes aprobouse no Consello de Ministros o proxecto da Lei de Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia que, entre outros avances, recolle a obrigatoriedade de garantir unha Atención Temperá de calidade a nenos, nenas e bebés con discapacidade.

Coñecida como a ‘Lei Rhodes’, polo pianista británico do mesmo apelido, James  Rhodes, que sufriu abusos sexuais cando era un neno e que loitou pola súa aprobación, esta norma de vital importancia protexerá aos menores fronte todo tipo de violencia,  especialmente fronte aos abusos sexuais. Aumentará o prazo de prescrición do delito de abuso sexual a menores, de forma que este empezará a contar a partir do momento en que a vítima cumpra 30 anos, e non 18 como ocorre actualmente, e expón crear unha nova figura nos colexios, a do ‘coordinador de benestar e protección’.

Pero ademais, a pedimento do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), esta nova proposta de lei dá un paso adiante en relación ao dereito á atención integral dos nenos e nenas con discapacidade. En concreto, o artigo 11 do Proxecto de Lei propón que “as Administracións sanitarias, educativas e os servizos sociais competentes garantirán de forma universal e con carácter integral a atención temperá desde o nacemento ata os seis anos de idade de todo neno ou nena con alteracións ou trastornos no desenvolvemento infantil”.

En decembro de 2018, o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto da Lei de Protección Integral da Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia, pero este quedou pendente co anuncio de eleccións xerais en 2019, e unha vez máis en 2020, debido á pandemia do COVID-19.

Desde Down Galicia apoiamos e celebramos que, por primeira vez, unha lei de ámbito nacional expoña establecer o dereito e a obrigación por parte das Administracións para garantir unha Atención Temperá e o apoio infantil a calquera neno ou nena do noso país con necesidades por alteracións ou trastornos no desenvolvemento, ata os seis anos de idade. Trátase dun avance que esperamos sexa ratificado na súa aprobación definitiva no Congreso dos Deputados.

Entradas relacionadas
Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla
17 Abril, 2019
Fundación Cofares colabora co proxecto de Atención Temperá de Down Galicia
7 Outubro, 2017
O CERMI reclama unha atención temperá universal, gratuíta e inclusiva para menores con discapacidade
18 Setembro, 2017
Solidariedade e deporte na iniciativa ‘Solidarios non stop’ de BBVA
25 Xuño, 2017
Percorre o Camiño de Santiago en bicicleta para apoiar a atención temperá de Down Galicia
2 Maio, 2017
Down Galicia imparte un seminario de lectura fácil
1 Marzo, 2012
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade