Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia únese á campaña #TercerSectorEsencial

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia únese á campaña #TercerSectorEsencial

18 Xuño, 2020

» Down Galicia únese á campaña #TercerSectorEsencial

Tendo en conta a crise sanitaria provocada polo COVID-19 e as consecuencias sociais e económicas que esta vai levar consigo no noso país, o papel do Terceiro Sector Social faise aínda máis esencial para miles de persoas. Trátase dun sistema composto por 28.000 entidades cunha actividade que representa o 1,45 % do PIB e que en 2018 xerou máis de 577.000 empregos directos en España. Son estas entidades as que están a contribuír coas súas estruturas e redes á abordaxe das necesidades dos colectivos máis vulnerables para que ninguén quede atrás.

Para defender a acción do Terceiro Sector, o Comité Español de Representantes das persoas con Discapacidade (CERMI) iniciou a campaña #TercerSectorEsencial, xunto á Plataforma do Terceiro Sector (PTS). Desde Down Galicia unímonos a ela para reivindicar a sustentabilidade do Sector Social e a implementación dunhas políticas sociais que garantan os dereitos das persoas con discapacidade e das súas familias.

Tal e como se expresa no argumentario da campaña #TercerSectorEsencial, «cada euro que dediquemos ás políticas sociais que loitan contra a pobreza e a exclusión social e constrúen cohesión social non será un gasto senón un dos mellores investimentos colectivos que podemos facer, non en beneficio duns poucos, senón en beneficio colectivo».

Por iso, sublíñase que «o recoñecemento ao labor do Terceiro Sector Social débese corresponder con garantías económicas e xurídicas para que poidan manter a capacidade de resposta demostrada».


Protección dos dereitos das persoas máis vulnerables

O colectivo formado por persoas en risco de exclusión social, con problemas de saúde ou con discapacidade sufriu con fartura esta pandemia, que ademais, está a xerar graves situacións de vulnerabilidade entre persoas que nunca antes necesitaran axuda.

Por iso, as entidades do Terceiro Sector de Acción Social están a ser esenciais na resposta ás súas necesidades, demostrando a súa capacidade e mobilizando os seus propios recursos, mesmo cando os servizos sociais se viron desbordados.

Nese sentido, desde Down Galicia sumámonos á campaña #TercerSectorEsencial para solicitar ao Estado, Goberno, Comunidades Autónomas e Concellos que recoñezan o papel esencial das entidades do Terceiro Sector de Acción Social e garantan o financiamento necesario para seguir defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables que reciben o noso apoio.

Para iso, necesítanse instrumentos estables de financiamento da súa acción social, entre outros co mantemento do tramo estatal da casiña de fins sociais do IRPF, regulando, coa máxima celeridade, o 0,7% do Imposto de Sociedades ou co desenvolvemento da Lei do terceiro sector.

Ademais, débese traballar para deseñar novas vías de financiamento destas organizacións, que brinden a estabilidade e a certeza a un labor tan preciso e sensible.


A estabilidade é imprescindible

A posta en marcha e o mantemento de iniciativas que contribúen a mellorar a vida das persoas máis vulnerables e a defensa dos seus dereitos require, inevitablemente, de planificación e organización. Non podemos seguir traballando desde a incerteza e o temor de que as iniciativas que se necesitan poidan manterse no tempo, co dano que iso produce tanto a persoas beneficiarias como a traballadores e traballadoras.

En definitiva, o Sector de Acción Social convértese nun motor esencial para un modelo de reactivación social e económica que non deixe atrás ás persoas máis vulnerables e que aposte por un novo modelo de desenvolvemento inclusivo e, por iso, solicitamos ao Goberno de España unha resposta eficaz e con efecto inmediato.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}